Como crear un sistema de xestión nunha PEME con poucos medios
O evento, dentro de Santiago Investors Support, permitirá que emprendedores e xestores de pemes podan actualizar os seus coñecementos e mellorar a xestión interna das súas empresas
Santiago Investors Support ten coma obxectivo fomentar o desenvolvemento empresarial de Santiago neste momento de crise económica
O obxectivo deste seminario é Identificar as ferramentas de xestión precisas para establecer un sistema de control de xestión áxil, eficaz e adaptado ao noso negocio. En base a este proceso elaborarase un sistema de control de xestión sen incorrer en investimentos en aplicacións informáticas adicionais.
O seminario celebrarase os días 13 e 15 de decembro no CERSIA Empresa, en horario de 17:00h a 20:00. As dúas primeiras horas adicaranse a impartición do seminario.
A primeira sesión terá carácter teórico mentres que a segunda adicarase á realización dun taller práctico con titorización e posta en común voluntaria.
O límite de prazas dado o caracter práctico do seminario establécese en 25 persoas.Persoas emprendedoras e xestoras de PEMES e MICROPEMES.
Persoas traballadoras con cargos de responsabilidade na súa organización.
Inscrición previa no formulario desta mesma web.