• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Experta/o en Orientación Profesional e Xestión por Competencias

Recursos Galicia, S.L.  organiza pola modalidade de Teleformación o curso de Experta/o en Orientación Profesional e Xestión por Competencias cunha duración de 250 horas.

O curso ten como obxectivos:

  1. Formar a expertas/os en orientación profesional dende a perspectiva da xestión por competencias, entendendo está como un proceso encamiñado a desenvolver habilidades de autoxestión na carreira profesional.
  2. Proporcionar ao alumnado a información necesaria para que poida recoñecer con claridade a figura do orientador profesional, chegando a identificar cales son as características máis necesarias para o desenvolvemento do seu labor.
  3. Adentrar ao alumnado no coñecemento da xestión por competencias, de modo que coñeza as características das competencias profesionais e poida incorporalas ao seu labor como orientador profesional.
  4. Capacitar ao alumnado para que chegue a desenvolverse no campo da xestión de Recursos Humanos por Competencias, sendo capaz de aplicar os coñecementos adquiridos na súa formación, na implantación, xestión e avaliación de devanditos sistemas.
  5. Formar ao alumnado en materia de intervención profesional co obxectivo de que chegue a dominar as distintas destrezas relacionadas, talles como a construcción de itinerarios profesionais ou o asesoramento na procura de emprego.
  6. Proporcionar ao alumnado os coñecementos necesarios para que comprenda a estructura do novo Sistema Nacional de Cualificacións Profesionais e os distintos requirimentos e alternativas que existen para lograr os recoñecementos profesionais e/ou laborais establecidos.
Documentación requerida

Para reservar a túa praza é necesario cubrir a ficha de inscrición que se achega e remitila por mail ou por fax xunto coa seguinte documentación: 

  • Fotocopia do D.N.I.
  • Titulación ou xustificante de acceso.
  • O resgardo de pago do banco ou a confirmación da transferencia.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
  • Profesionais con competencias en materia de orientación laboral, vocacional e ocupacional do mercado laboral, interesados en coñecer a metodoloxía da avaliación do desempeño e do desenvolvemento profesional.
  • Técnicas/os en recursos humanos e xestión da formación situados na área do desenvolvemento profesional e a formación que desexen profundar nos seus coñecementos sobre a xestión do desempeño, motivación e talento.
  • Estudiantes e recen tituladas/os que queiran enfocar a súa carreira profesional cara á área da orientación profesional e/ou o desenvolvemento de competencias.
  • Tituladas/os do ámbito das Ciencias Sociais e Xurídicas.
  • Desempregadas/os interesados en formarse nun dos campos con máis saída na actualidade.
  • En xeral, calquera persoa que queira desenvolverse profesionalmente en devandito ámbito.
Requisitos

O acceso ao curso poderá facerse a través de dúas vías: académica ou laboral

  1. VIA ACADÉMICA: persoas con estudos superiores (Universitarios ou Ciclos Superiores de FP)
  2. VIA LABORAL: persoas que non teñen o nivel de estudos esixido pero teñen experiencia laboral en áreas relacionadas coa materia