• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PLAN DE FORMACIÓN CONTINUA 2011

A Concellaría de Económica, Comercio, Turismo e Mercados organiza 10 cursos dirixidos a traballadores en activo e persoas emprendedoras do Concello de Santiago.

 O Plan de Formación Continua 2011 deseñouse baixo dúas premisas: por unha banda ofertar unha serie de contidos prácticos e útiles centrados en procesos de xestión, administración, novas tecnoloxías e enerxías renovables; por outra facilitar a participación nos mesmos a través da combinación entre actividades presenciais, que se desenvolverán no Cersia, e actividades de teleformación.Os cursos que se ofertan, que xa teñen aberto o prazo de inscrición, son: Cambio organizacional e xestión do coñecemento; Xestión empresarial básica; Marketing en Internet; Protección de datos; Habilidades sociais, resolución de conflictos e empoderamento; Manipulador de alimentos; Web 2.0: impacto das redes sociais na empresa; Calidade na industria alimentaria; Seguridade alimentaria, manual de autocontrol; Sensibilización ambiental: problemas globais e locais.

Os dez cursos ofertan un total de 185 prazas gratuitas. Están dirixidos preferentemente a persoas emprendedoras e persoal de empresas e comercios da cidade, aínda que no caso de que non se cubrisen as prazas admitiríanse a persoas desempregadas.

As inscricións faranse vía web no formulario presente nesta páxina.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Dirixidos preferentemente á: persoas emprendedoras; responsables de empresas xa asentadas no municipio, comerciantes  e persoal das empresas e comercio localizadas en Santiago de Compostela.

En caso de dispoñibilidade de prazas admitiranse persoas desempregadas.

Requisitos

Para os traballadores en activo presentación da última nómina da empresa.

Para as persoas promotoras de empresas recentes e emprendedoras, acreditar a condición de usuario do Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela.