Curso experimental sobre técnicas e estratexias de innovación aplicables ao entorno das PEMES galegas
A acción formativa conta con 15 prazas, é gratuita, e desenvolverase mediante a modalidade de teleformación sincrónica do 4 de outubro ao 18 de novembro.
A concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo impartirá, entre o 4 de outubro e o 18 de novembro, un curso experimental que ten como obxectivo formar a 15 persoas desempregadas en técnicas e estratexias de innovacion aplicables ao entorno das PEMES galegas. A acción formativa, cofinanciada pola Consellería de Traballo e Benestar, é gratuita e conta con 60 horas lectivas. Impartirase entre as doce do mdiodía e as dúas da tarde a través da modalidade de teleformación sincrónica, en concreto a través do canal Training Chanel. Esta modalidade innovadora permite ao alumnado estar conectado ao mesmo tempo que as/os docentes, o que posibilita a interaccion dos/as participantes en directo e en tempo real, desde calquera lugar, solucionando dúbidas no mesmo momento que se xeneran. Tan só necesitan un ordenador con acceso a internet de banda ancha para acceder ao curso. O obxectivo deste curso experimental é, seguindo os criterios establecidos no Marco Estratéxico de Converxencia Económica de Galicia para o período 2007-2013, incrementar a competitividade do tecido produtivo galego a través do coñecemento e a innovación para converxer en termos de crecemento e emprego, grrazas ao fomento dunha economía baseada no coñecemento.
A acción formativa divídese en catro módulos:
- Creatividade e innovación: cunha duración de 20 horas, impartirase do 4 ao 19 de outubro. Ten como obxectivo identificar e utilizar a capacidade creativa, diferenciando os comportamentos e ferramentas que poden activala e perfeccionala co fin de xerar máis e mellores ideas. O alumnado tamén aprendera a diferenciar as fases dun proceso de creacion, como modelo de actuación reproducible para a xerar solucións.
- A innovacion como estratexia: cunha duración de 20 horas, impartirase entre o 20 de outubro e o 3 de novembro. Ten como obxectivo integrar a innovación tecnolóxica na estratexia da pequena empresa. O alumnado aprenderá a realizar unha diagnose da xestión tecnolóxica na súa empresa, a identificar a metodoloxía e as ferramentas para desenvolver un Plan estratéxico de innovación, e coñecer as boas práticas para a implantacion de estratexias tecnolóxicas, de cooperación e de concentración e liderado tecnolóxico.
- Xestión de proxectos tecnolóxicos e de innovación: cunha duración de 15 horas, impartirase entre o 4 e o 15 de novembro. O alumnado aprenderá a planificar e controlar a execución de proxectos de innovación e as ferramentas dispoñibles para realizar este control. Tamén aprenderá a coordinar proxectos de innovacion de xeito paralelo a outros proxectos da empresa.
- Igualdade de oportunidades: cunha duración de 5 horas, impartirase entre o 16 e o 18 de novembro.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
Persoas desempregadas