• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Propostas da Camara de Comercio de España para a recuperación económica

Data de escritura

O Pleno da Cámara de España, reunido o mércores 29 de Abril de forma telemática, aprobou un Documento de Propostas para a recuperación e reconstrución social e económica de España co que pretende contribuír ao diálogo que se abrirá nas próximas semanas para superar o impacto no tecido produtivo e a economía da pandemia do COVID-19.

As medidas para a reconstrución propoñen unha serie de reformas estruturais irrenunciables para lograr a España que queremos no próximos dez anos. Esas reformas son:

  • Internacionalización
  • Innovación e dixitalización
  • Formación
  • Transición enerxética e loita contra o cambio climático
  • Regulación económico-empresarial
  • Reforma do sistema de pensións

A Cámara de España traballa, ademais, nunha serie de propostas concretas para sectores relevantes que resultaron particularmente impactados polas consecuencias económicas da pandemia.