• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Novos obradoiros formativos en novembro no Espazo Maker Compostela

PROMOCIÓN ECONÓMICA. Concello Santiago de Compostela

 

O Espazo Maker Compostela é unha infraestrutura destinada a impulsar a innovación e a creatividade entre a cidadanía de Santiago, fomentando a participación cidadá en actividades tecnolóxicas e creativas. Despois dos obradoiros realizados no mes de outubro, realizaranse ao longo do mes de novembro outra serie para seguir apoiando a aprendizaxe da a Comunidade Maker de Santiago de Compostela en diferentes materias, como Electrónica, Programación ou Deseño 3D.

Espazo Maker Compostela que ofrece todo o material e ferramentas precisas para a realización das accións formtivas funciona na casa das Asociacións de Cornes

O Espazo Maker Compostela é unha infraestrutura destinada a impulsar a innovación e a creatividade entre a cidadanía de Santiago, fomentando a participación cidadá en actividades tecnolóxicas e creativas.

O Espazo Maker Compostela empezou a funcionar en xullo na Casa das Asociacións de Cornes, nunha aposta da Concellaría de Promoción Económica por darlle continuidade a outras iniciativas exitosas como a Academia Maker que funcionara de maneira itinerante pola rede de Centros Socioculturais, ou o laboratorio dixital móbil que percorreu a cidade durante varias semanas. Estas accións estaban enmarcadas no programa de dinamización económica Faino Ti, financiado con fondos europeos da EDUSI.

As actividades programadas promoverán a dinamización social e económica, creando un punto de encontro para profesionais, emprendedores/as e cidadanía interesada na tecnoloxía e a innovación. Isto fomentará a creación de redes de colaboración e potenciará o ecosistema innovador local.

A posta en marcha do Espazo Maker Compostela contribúe aos obxectivos establecidos na Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela, promovendo a innovación, a sostenibilidade e a participación cidadá e da cumplimento ao establecido na liña de acción da dimensión 1 Diversificación Económica, Santiago Hub tecnolóxico:

“MediaLab Compostela ou espazo maker, que podería ser sede permanente da Maker Faire Galicia: un laboratorio de tecnoloxía e deseño concibido como un espazo aberto de creación e experimentación cidadá, que ofrece coñecemento, tecnoloxía e lugares para facilitar procesos de aprendizaxe, crear coñecemento, experimentar e desenvolver proxectos, promovendo e alimentando comunidades e redes locais como elementos clave na transformación social “

 

Buscase consolidar este espazo Maker como un referente en Santiago de Compostela, alineado cos obxectivos de desenvolvemento e modernización establecidos pola Axenda Urbana 2030.  Ao longo do mes de novembro están previstas catro actividades diferentes no Espazo Maker Compostela. Así, haberá un obradoiro de arduino o sábado 9; un taller sobre deseño e impresión 3D no venres 15; unha sesión sobre competencias dixitais básicas no sábado 23; e un obradoiro de iniciación ás redes informáticas LAN, o sábado 30 de novembro.

O espazo abre de xeito habitual os venres de 16 a 20 horas e os sábados de 10 a 14 e de 16 a 20 horas durante os meses de xullo, setembro, outubro e novembro de 2024. 

As actividades programadas para este mes de novembro son as seguintes:

  • Sábado 09/11/2024 de 11:00 a 13:30 – 2º Obradoiro de Arduino. Programaremos un robot que evita obstáculos.
  • Venres 15/11/2024 de 16:30 a 19:00 – 2º Obradoiro de deseño e impresión 3D. Fabricaremos unha estrutura tensogrítica.
  • Sábado 23/11/2024 de 11:00 a 13:30 – Competencias dixitais básicas. Analizaremos cómo se move a información no ecosistema de Google.
  • Sábado 30/11/2024 de 11:00 a 13:30 - Iniciación ás Redes Informáticas LAN. Crearemos e configuraremos unha rede cableada de ordenadores.
Documentación requerida

As persoas interesadas poden inscribirse no formularió que atoparán na web espazomaker.werobots.org, onde tamén se poden propoñer as acción formativas interesantes para desenvolver a partir do mes de novembro. O Espazo Maker Compostela abre de xeito habitual os venres de 16 a 20 horas e os sábados de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Inscricións en espazomaker.werobots.org

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

O Espazo Maker Compostela, permitirá a participación cidadá en actividades de innovación e creatividade tecnolóxicaTodas as actividades, dirixidas a persoas maiores de 16 anos, son de balde.

Requisitos

O Espazo Maker Compostela, permitirá a participación cidadá en actividades de innovación e creatividade tecnolóxica. Persoas maiores de 16 anos.Aforo máximo de 12 persoas, inscrición necesaria.