SUBVENCIONS PARA PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXETICA DAS EMPRESAS
Axencia Instituto Enerxético de Galicia
RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento administrativo IN417Y)
Concesión de subvencións para realizar proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado destas bases reguladoras.
Serán subvencionables aqueles proxectos con ratios de aforro enerxético anual iguais ou superiores aos indicados para cada liña:
PAPEME. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes: Proxectos que xustifiquen ratios de aforro enerxético iguais ou superiores a 0,3 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de investimento elixible
PAGE. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en grandes empresas: Proxectos que xustifiquen ratios de aforro enerxético iguais ou superiores a 0,4 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de investimento elixible
PAE. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en polo menos un 30 %: Proxectos que xustifiquen ratios de aforro enerxético iguais ou superiores a 0,3 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de investimento elixible e que ademais reduzan polo menos un 30 % as emisións de GEI
PAP. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en infraestruturas públicas: Proxectos que xustifiquen ratios de aforro enerxético iguais ou superiores a 0,4 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de investimento elixible
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación obrigatoria:
a) Documentación administrativa:
i. Nomeamento de representante (anexo II) cando proceda.
ii. As tres ofertas que debe ter solicitado o solicitante da axuda cando o investimento sen IVE da actuación que se subvenciona supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior a 15.000 €.
iii) As empresas, xunto coa solicitude, presentarán a documentación prevista nos puntos i) a ii) deste artigo e, ademais, deberán achegar:
1º. Documento oficial en que conste o código CNAE correspondente á actividade da empresa, tal como: declaración censual, declaración de vida laboral, imposto de actividades económicas. Tamén se aceptarán os documentos en que aparezan as actividades recollidas no IAE que se correspondan coas seccións do CNAE 2009.
2º. As empresas, cando non estean obrigadas por lei a inscribirse no Rexistro Mercantil ou calquera outro rexistro público, presentarán copia da documentación acreditativa da constitución e da representación correspondente (non é necesario no caso de que o solicitante sexa unha empresa pública).
3º. As empresas ou entidades deben acreditar a existencia dun centro de traballo en Galicia ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso das empresas de servizos enerxéticos, os que debe estar situado no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia son os centros de consumo.
4º. Cando unha empresa de servizos enerxéticos xestione total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía, deberá achegar, ademais: a. Copia do contrato de servizos enerxéticos en que se recollan as cláusulas asociadas ao proxecto para o cal se solicita a axuda. O contrato deberá recoller a súa formalización con data igual ou posterior á data de presentación da solicitude de axuda da presente convocatoria, co obxecto de respectar o seu carácter incentivador. b. Constancia por escrito da autorización e coñecemento por parte do titular ou titulares da instalación de que se solicita a subvención.
5º. Declaración responsable de que non se trata dunha empresa en crise e de que non está suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión. 6º. Declaración responsable do representante da empresa en que se indique a cualificación como empresa autónoma, ou ben se indiquen as empresas asociadas ou vinculadas, coa inclusión dos datos de participación. 7º. Para acreditar condición de pequena ou mediana empresa ou grande empresa, deberanse achegar, ademais: a. As contas anuais da empresa solicitante, así como das empresas asociadas ou vinculadas, correspondentes ao último exercicio contable pechado, co xustificante que foron depositadas no rexistro correspondente. b. Declaración responsable emitida polo representante da empresa en que se reflicta o número de empregados da empresa, así como os das empresas asociadas ou vinculadas.
b) Documentación técnica:
i. Memoria técnica do proxecto segundo o modelo «Memoria técnica PAE» dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.gal), ou modelo «Memoria técnica PAE_ILU» para proxectos de mellora de iluminación. No caso de actuacións integrais de edificios, deberá xuntarse coa memoria o certificado de eficiencia enerxética antes e despois da actuación.
ii. Documento denominado «Ficha de consumos PAE» segundo o modelo dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.gal) en que se relacione o número de factura e o consumo enerxético de todas as facturas (electricidade, gas, fuel óleo, gasóleo…) do período anual tomado como referencia (2023 ou últimos doce meses), así como os datos enerxéticos do proxecto. Non será preciso a presentación desta ficha no caso de proxectos de iluminación. No caso de proxectos de mellora dun edificio, poderá tomarse como referencia de consumo inicial o certificado de cualificación enerxética.
iii. Fotografías da instalación actual. Incluirase, cando proceda, a placa de características técnicas dos equipamentos sobre os cales se actúa. As fotografías deberán vir identificadas coa estancia en que se encontran.
iv. Plano de situación das instalacións no establecemento coa distribución dos equipamentos.
v. Características técnicas dos equipamentos para os cales se solicita a axuda subministradas polo fabricante (catálogo, certificado ou ficha técnica do fabricante) onde se inclúan os datos da produtividade do equipo e do seu consumo e o rendemento enerxético.
vi. No caso de investimentos en eficiencia enerxética non separables, achegarase oferta técnica dun provedor que avale o orzamento dun investimento similar que implique menor eficiencia enerxética e que podería realizarse de forma crible sen subvención (investimento de referencia).
vii. No caso de actuacións de iluminación, deberase presentar unha declaración responsable asinada por un técnico cualificado (especificarase no documento o nome completo, o DNI e a cualificación do técnico asinante) en que se relacionen as estancias reformadas (coa mesma estrutura utilizada no documento «Memoria técnica PAE_ILU»), o seu uso e se declare que tras os estudos lumínicos realizados se constata o cumprimento da norma UNE-EN 12464 (iluminación, iluminación nos lugares de traballo), e o establecido na Guía técnica para a avaliación e prevención de riscos relativos á utilización de lugares de traballo, se é o caso.
viii. Ademais, nas instalacións de iluminación que estean incluídas total ou parcialmente no ámbito de aplicación do documento HE3 do Código técnico da edificación, achegarse xustificación asinada por un técnico competente de que cumpre coas exixencias establecidas nel. Nos casos en que a instalación non estea incluída total ou parcialmente no ámbito de aplicación do HE3, xuntarase escrito xustificativo dos motivos.
ix. Ademais, nos casos en que proceda, tamén se debe achegara «Memoria técnica adicional para actuacións de renovación de edificios» segundo o modelo «Memoria técnica adicional edificios PAE» dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.gal).
x. Calquera outra documentación adicional que o/a interesado/a considere conveniente achegar para a correcta avaliación do proxecto.
Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases:
a) As empresas legalmente constituídas e as persoas autónomas que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a entidades incluídas no ámbito de actuación das presentes bases.
As empresas de servizos enerxéticos deberán cumprir os requisitos establecidos no Real decreto 56/2016, do 12 de febreiro, para o desenvolvemento da actividade profesional de provedor de servizos enerxéticos, e deberán estar incluídas na Listaxe de provedores de servizos enerxéticos, regulada no capítulo III do citado real decreto.
As empresas deberán cumprir co criterio de autonomía e coas demais requisitos que se establecen no anexo I do Regulamento xeral de exención por categorías.
Os requisitos para obter a condición de beneficiarias deberanse cumprir, como moi tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.