• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS PARA O FOMENTO  DA UTILIZACION DE MAQUINARIA AGRICOLA EN REXIME ASOCIATIVO EN GALICIA

Consellería do Medio Rural

ORDE do 11 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR351A).

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo no marco do PDR de Galicia 2014-2020, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), cunha participación do 100 % de fondos da UE, dentro da medida 4 Investimentos en activos físicos, submedida 4.18 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, así como convocalas para o ano 2023.

 

Esta axuda ten como finalidade:

a) Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.

b) Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos.

c) Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación e na mesma orde:

a) Acreditación da persoa representante legal da súa representación (se fose o caso).

b) Estatutos en vigor.

c) Balance e conta de resultados da empresa. As peme deben achegar os do último exercicio, as non peme os dos dous últimos exercicios.

d) Memoria xustificativa asinada polo secretario/a e co visto e prace do presidente/a ou representante legal da entidade, que inclúa como mínimo, e na mesma orde, os puntos relacionados.

e) Relación nominal dos socios, incluíndo DNI, en formato ods, xls ou xlsx.

f) Estudo técnico-económico de viabilidade, en concordancia coa memoria, elaborado por técnico ou equipo técnico competente e formalmente independente da entidade solicitante que, polo menos na súa vertente técnica, deberá ser asinado por un titulado universitario na rama agraria.

g) Tres orzamentos para cada máquina solicitada, de empresas non vinculadas entre elas nin co solicitante, con obxecto social a fabricación ou subministración dos bens incluídos na oferta.

h) O catálogo comercial que detalle as características técnicas de cada máquina escollida.

i) Certificación dun grupo operativo da Asociación Europea de Innovación ou dunha axencia de innovación de que os investimentos son innovadores (se fose o caso). No caso de investimentos con carácter innovador, será requisito indispensable para ser elixible o aliñamento do proxecto cos retos, prioridades e ámbitos de priorización da Estratexia de Especialización de Galicia (RIS3).

j) Anexo II comprobación de datos das persoas técnicas que elaboran o estudo técnico-económico.

k) No caso de solicitantes aos que lles sexa de aplicación o artigo 13.3 bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro (subvencións de importe superior a 30.000 euros): Declaración responsable nos termos previstos no artigo 26 do Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Ley 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. De ser o caso, certificación emitida por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que acredite o seu cumprimento polo solicitante, con independencia de calquera financiamento para o cobramento anticipado da empresa provedora.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

a) As cooperativas agrarias.

b) Cooperativas de utilización de maquinaria en común (CUMA).

c) As cooperativas de explotación comunitaria da terra de 5 ou menos anos de antigüidade.

d) As sociedades agrarias de transformación procedentes da fusión de polo menos dúas explotacións agrarias, nos últimos 5 anos naturais. En adiante, SAT de fusión.

Requisitos

1. Deberán xustificar a necesidade e a viabilidade dos investimentos mediante a presentación dun estudo de viabilidade e establecer un calendario de execución.

2. Non ter a consideración de empresa en crise. Considérase que as empresas en crise son as que concordan coa definición do artigo 2, punto 18) do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño.

3. Non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades en quen concorra algunha das circunstancias establecidas polos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e polo artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. No caso das cooperativas agrarias, as cooperativas de utilización de maquinaria agrícola (CUMA) terán un mínimo de catro socios. Todas as explotacións que formen parte dunha CUMA deberán estar situadas dentro dun radio de acción de 20 kilómetros.

5. As sociedades agrarias de transformación con obxecto social prioritario o uso da maquinaria terán un mínimo de catro socios. Para as sociedades agrarias de transformación que non teñan como obxecto social prioritario a utilización de maquinaria, deberán proceder da fusión de explotacións agrarias.

6. As cooperativas de explotación comunitaria da terra terán un mínimo de catro socios.

7. Tanto as explotacións agrarias como as cooperativas agrarias ou as sociedades agrarias de transformación deberán estar inscritas nos correspondentes rexistros oficiais.