• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS PARA A EDICION DE AUDIOLIBROS E LIBROS EN LECTURA FACIL

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional, e Universidades

ORDE do 15 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición de audiolibros e libros en lectura fácil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento CT238B e CT238C).

As axudas van dirixidas a apoiar o sector editorial no que se refire aos gastos derivados da edición (produción), distribución e comercialización das súas publicacións en formato audiolibro e libros adaptados en lectura fácil en galego, editados, comercializados e distribuídos entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de outubro de 2024.

 

Esta orde regula as seguintes modalidades de produción, distribución e comercialización:

a) Modalidade A. Axudas ao sector editorial galego, relativas a gastos de produción, distribución e comercialización de audiolibros en galego (CT238B).

b) Modalidade B. Axudas ao sector editorial galego, relativas a gastos de produción, distribución e comercialización de libros en lectura fácil en formato físico ou dixital, en galego (CT238C).

Documentación requerida

As persoas, físicas ou xurídicas, interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación común ás dúas modalidades:

a) De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante. A representación poderá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados

b) Copia do último recibo de pagamento do imposto de actividades económicas, de ser o caso.

c) Certificación de situación no Censo de actividades económicas da Axencia Estatal da Administración Tributaria, no caso de que a editorial teña o domicilio fiscal fóra de Galicia.

 

Audiolibros: Documentación específica que se vai presentar coa solicitude. Coa solicitude deberase achegar, ademais da documentación a que se refire o artigo 11, a seguinte documentación específica por cada audiolibro:

a) Plan de edición (único documento), no cal a editora xustifique a necesidade da subvención para completar o plan coas características propostas. Incluirá as características do audiolibro: contido, enfoque, traxectoria do/da autor/a, traxectoria do/da director/a de dobraxe, traxectoria dos/das intérpretes da voz, o prazo estimado de produción, proceso de produción, o número de edicións da obra orixinal que sairon á venda e as canles de venda. Para cada audiolibro incluído no plan de edición: características técnicas e custo de produción.

b) Plan de márketing en que se indiquen as estratexias de segmentación e público, estratexia de comunicación, canles de distribución e estratexia de internacionalización, de ser o caso.

 

Libros en lectura fácil: Documentación específica que se vai presentar coa solicitude. Coa solicitude deberase achegar, ademais da documentación de carácter xeral, a seguinte documentación específica:

a) Plan de edición (único documento) no cal a editora xustifique a necesidade da subvención para completar o plan coas características propostas. Incluirá as características do libro adaptado en lectura fácil: contido, enfoque, traxectoria do autor/a, prazo estimado de edición, número de edicións da obra orixinal que se puxeron á venda, entidade/s de validación, proceso de produción, as canles de venta, características técnicas e custo de produción.

b) Plan de márketing en que se indiquen as estratexias de segmentación e público, estratexia de comunicación, canles de distribución e estratexia de internacionalización, de ser o caso.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde aquelas persoas, físicas ou xurídicas, as cales se refire o artigo 1 desta orde.

Artigo 1. Obxecto

1. Esta convocatoria ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de subvencións a aquelas persoas, físicas ou xurídicas, que acrediten a condición de editoras de acordo co establecido nesta orde, para o cal deberán estar dadas de alta, antes do 1 de xaneiro de 2023, na epígrafe 476.1 Edición de libros, do imposto de actividades económicas.

Requisitos

As persoas, físicas ou xurídicas, solicitantes deben acreditar a condición de editoras de acordo co establecido nesta orde, estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Audiolibros: Requisitos básicos de participación

1. As persoas, físicas ou xurídicas, solicitantes deberán presentar un plan de edición individualizado por cada obra para a cal solicitan a subvención.

2. A persoa solicitante debe estar legalmente constituída como editorial con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2023.

 

Libros en lectura fácil: Requisitos básicos de participación

1. As persoas, físicas ou xurídicas, solicitantes deberán presentar un plan de edición individualizado por cada obra para a cal solicitan a subvención.

2. A persoa solicitante debe estar legalmente constituída como editorial con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2023.