• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

BOLSAS DE FORMACION PRACTICA NAS OFICINAS DE INFORMACION TURISTICA

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de catorce bolsas de formación práctica nas oficinas de información turística dependentes desta axencia e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento TU981A).

Esta resolución ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria de catorce (14) bolsas de formación práctica, en réxime de concorrencia competitiva, nas oficinas de información turística dependentes da Axencia de Turismo de Galicia para a promoción e información turística, mediante a realización de prácticas tuteladas en oficinas de información turística dependentes da Axencia de Turismo de Galicia distribuídas da seguinte forma: 2 bolsas na Oficina de Turismo de Santiago de Compostela (praza de Mazarelos), 2 bolsas na Oficina de Turismo de Santiago de Compostela (Centro Internacional de Acollida ao Peregrino), 2 bolsas na Oficina de Turismo da Coruña, 2 bolsas na Oficina de Turismo de Pontevedra, 2 bolsas na Oficina de Turismo de Vigo, 2 bolsas na Oficina de Turismo de Lugo, 2 bolsas na Oficina de Turismo de Ourense (código de procedemento TU981A).

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación, segundo o modelo do anexo II:

a) De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa ou entidade que actúe no nome da persoa solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados

b) Certificación de pagamento dos dereitos de expedición dos títulos universitarios e certificación académica completa, de ser o caso. No caso de presentar título académico estranxeiro será preciso que estea debidamente validado pola Administración educativa española.

c) Certificación de pagamento dos dereitos de expedición dos títulos non universitarios e certificación académica completa, se for o caso. No caso de presentar título académico estranxeiro será preciso que estea debidamente validado pola Administración educativa española.

d) Declaración da orde de preferencia de destino das bolsas de oficinas de información turística segundo o anexo III.

e) Relación de méritos segundo o anexo V. En ningún caso se achegará documentación relativa a méritos non susceptibles de valoración. Non serán computables aqueles méritos que non estean convenientemente xustificados.

f) Copia dos documentos acreditativos computables dos méritos alegados.

g) Copia dos títulos acreditativos do nivel de idiomas.

h) Certificado do Celga 4 ou equivalente, só no caso de que a persoa interesada conte con un que non fose expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Tódolas persoas que reúnan os requisitos das mesmas.

Requisitos

a) Nacionalidade: ter nacionalidade española ou ser nacionais de calquera Estado membro da Unión Europea.

b) Titulación: estar en posesión, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, dalgún dos seguintes títulos: grao en Turismo; mestrado relacionado con turismo; técnico superior en Guía, Información e Asistencia Turísticas; técnico superior en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos. Só serán válidos os títulos obtidos a partir do 1 de xaneiro de 2018.

c) Idiomas:

c.1) Todas as persoas solicitantes deberán acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel Celga 4, perfeccionamento ou título equivalente. c.2) Inglés: deberase achegar certificado B1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas ou superior, ou acreditación oficial de nivel equivalente ao B1 ou superior. De consideralo necesario, a Comisión de Valoración poderá realizar unha proba oral para a comprobación do nivel de idioma.

 

En ningún caso poderán ser persoas beneficiarias desta bolsa aquelas persoas solicitantes que fosen adxudicatarias dela en edicións anteriores. Quedarán tamén excluídas da convocatoria aquelas persoas solicitantes que fosen adxudicatarias das bolsas en edicións anteriores e que renunciasen a elas durante o seu desenvolvemento.

As persoas adxudicatarias, no momento da súa incorporación á bolsa, non poderán ser perceptoras de salarios ou outros ingresos que impliquen vinculación contractual ou estatutaria. As bolsas son incompatibles coa percepción de prestación ou subsidio por desemprego.