• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROGRAMA ERASMUS PARA NOVOS EMPRENDEDORES

Iniciativa da Unión Europea na que UNINOVA (Incubadora de Empresas do Concello e da USC) participa como organismo intermedio

ERASMUS PARA NOVOS EMPRENDEDORES, é un programa de intercambio destinado ós emprendedores e financiado pola UNION EUROPEA.

Erasmus Jóvenes Emprendedores

Erasmus for Young Entrepreneurs is a business exchange programme, offering new entrepreneurs the possibility to work for up to 6 months with an experienced entrepreneur in his or her small or medium-sized business in another EU country. [ - Europe]

www.erasmus-entrepreneurs.eu

PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO

ERASMUS PARA NOVOS EMPRENDEDORES, é un programa de intercambio destinado ós emprendedores e financiado pola UNION EUROPEA. Ofrece a oportunidade de traballar xunto a un empresario experimentado noutro pais da Unión e reforzar as capacidades que precisa para desenvolver o seu negocio. A estancia no estranxeiro pode durar entre un e seis meses.

Tamén participan, xunto cos países da UE, Albania, Armenia, Bosnia-Herzegovina, República de Macedonia, Islandia, Montenegro, Moldavia, Serbia, Turquía, e Ucraína. E ata marzo de 2024 os estados de Nova York e California nos EEUU; Ontario, Quebec e British Columbia en Canadá; Taiwan, Corea do Sur, Singapur, e Israel.

 

Documentación requerida

O emprendedor debe darse de alta na páxina web do Programa  Erasmus for Yonug Entrepreneurs no apartado “Rexistrate”.

No formulario de inscrición débense expoñer ás súas motivacións e expectativas (en inglés).

Subir un plan de negocio (pode estar en castelán).

Curriculum  vitae(preferiblemente en inglés e formato europeo)

Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Futuros empresarios que estean pensando en montar un negocio, ou ben emprendedores que iniciasen o seu negocio  fai menos de tres anos. Non existe ningún límite de idade.

Requisitos

Ter residencia permanente en España durante, polo menos, seis meses dos últimos doce. Non é necesario ser cidadán da UE, só se ten que residir en España.

Ter un plan de negocio para o proxecto empresarial e/ou,

Ter menos de tres anos de experiencia dirixindo a súa propia empresa.