• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROGRAMA DE AXUDAS PARA IMPLANTAR A IGUALDADE, CONCILIACION, E A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 31 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento TR357B, TR357C e TR357D).

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, axudas e incentivos a pemes, a persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras a cargo e para implantar a igualdade laboral, código de procedemento administrativo (TR357C); adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral, código de procedemento administrativo (TR357D), así como implantar sistemas de xestión de responsabilidade social empresarial (RSE), código de procedemento administrativo (TR357B), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Liña I: elaboración e implantación de plans de igualdade (TR357C) nos termos definidos no capítulo III do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro e se modifica o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

Liña II: conciliación (TR357D) que, pola súa vez, comprende tres subliñas:

Subliña II.1. Incentivos para fomento do teletraballo: incentivarase a adopción de acordos laborais de teletraballo.

Subliña II.2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria: incentivarase a adopción de acordos laborais de flexibilidade horaria. Subliña II.3. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo.

Liña III: certificacións de RSE (TR357B). Subvencionarase a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial. Poderán ser as que se relacionan ou equivalentes: empresa familiarmente responsable-EFR (conciliación), global reporting initiative (GRI); united nations global compact (Pacto mundial); ISO 19600, SGE 21, global accountability 1000 (AA 1000); EMAS, ISO 14000 (ambiente), SA 8000, IQNet SR10, Bequal (discapacidade), ISO 45001 (seguridade e saúde laboral), certificación empresa saudable e, así mesmo, selo de horarios racionais (SHR).

Documentación requerida

Liña 1:

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Vida laboral de todos os códigos de conta cotización da empresa desde o 1 de xaneiro de 2023 ata a data de presentación da solicitude.

b) Orzamento detallado dos custos para os cales se solicita a subvención emitido por unha entidade experta en igualdade.

 c) Copia da escritura de constitución da entidade solicitante, de tratarse dunha persoa xurídica, que acredite o seu domicilio social e a representación da persoa que actúa e asina a solicitude.

d) Acreditación da formación e/ou experiencia da entidade que emite o orzamento. A entidade experta que emite o orzamento será a que realizará a diagnose e o plan de igualdade e deberá acreditar que cada persoa con que conta para realizar os plans de igualdade ten unha formación mínima de 200 horas en coñecementos específicos en xénero, igualdade entre mulleres e homes, integración da perspectiva de xénero, prevención e loita contra a violencia de xénero ou outros estudos de xénero ou unha experiencia mínima de dous anos na elaboración de plans de igualdade.

e) Se a solicitude é para os supostos a) e b) do artigo 6: – Acta de constitución da comisión negociadora do plan de igualdade, en que debe acreditarse a representación das persoas traballadoras que formen parte dela e a forma de elección.

f) Se a solicitude é só para o suposto b) do artigo 6: – Copia da diagnose previa da situación da empresa.

g) Se a solicitude é para o suposto c) do artigo 6: – Número de depósito no Rexistro Administrativo de Acordos e Convenios Colectivos de Galicia (Rexcon), de acordo co establecido no artigo 11 do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro e se modifica o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

h) Se a solicitude é para o suposto d) do artigo 6: – Copia do contrato xunto coa documentación xustificativa da súa formación ou experiencia nesta materia ou compromiso por parte da empresa de que se vai contratar unha persoa experta en igualdade.

Liña II:

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

1. Documentación xenérica:

a) Vida laboral de todos os códigos de conta de cotización da empresa desde o 1 de xaneiro de 2023 ata a data de presentación da solicitude.

b) Copia da escritura de constitución da entidade solicitante, de tratarse dunha persoa xurídica, que acredite o seu domicilio social e a representación da persoa que actúa e asina a solicitude.

2. Documentación específica.

Subliña 1: memoria explicativa das actuacións que se vaian realizar para establecer o teletraballo, na cal deberá especificarse a identificación das persoas con que se vai subscribir un acordo de teletraballo e a forma de selección.

Subliña 2: memoria explicativa das actuacións que se vaian realizar para establecer a flexibilidade horaria, que deberá expoñerse en forma de táboa comparativa, na cal se poidan examinar as condicións laborais existentes antes do acordo de flexibilidade que se pretende implantar e as melloras propostas.

Subliña 3:

a) Acordo de teletraballo en vigor.

b) Orzamento desagregado por conceptos dos gastos derivados do

investimento que se vai realizar (sen IVE).

Liña III:

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo III) a seguinte documentación:

a) Orzamento detallado dos custos para a obtención da certificación ou verificación para a cal se solicita a subvención.

b) Copia da escritura de constitución da entidade solicitante, de tratarse dunha persoa xurídica, que acredite o seu domicilio social e a representación da persoa que actúa e asina a solicitude.

c) Vida laboral de todos os códigos de conta cotización da empresa desde o 1 de xaneiro de 2023 ata a data de presentación da solicitude.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.

Requisitos

Para as liñas II e III tamén poderán presentar solicitude as empresas con centros de traballo en Galicia.

No caso da liña I, as empresas deberán contar como mínimo con dez persoas traballadoras e cun máximo de 49.

Para a liña II, se a solicitude é para as subliñas 1 e 3, as empresas deberán contar cun mínimo dunha persoa traballadora e se a solicitude é para a subliña 2, as empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.

Para a liña III, as empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.

Para os efectos de determinar o número de persoas traballadoras na empresa, atenderase ao número de persoas traballadoras por conta allea na data da presentación da solicitude. As empresas deberán manter o número mínimo de persoas traballadoras exixido para cada liña durante todo o período establecido no artigo 2.

O disposto nesta orde respecto do persoal traballador enténdese aplicable tanto ás persoas traballadoras por conta allea como ás persoas socias traballadoras das cooperativas de traballo asociado sempre que estean no réxime xeral da Seguridade Social.

Para todas as liñas será necesario que as entidades solicitantes teñan unha taxa de estabilidade cando menos do 50 % desde o 1 de xaneiro de 2023 e durante todo o período de execución das axudas. Para o cálculo desta porcentaxe só se terán en conta as persoas traballadoras con contratos indefinidos a tempo completo sobre o total dos contratos das persoas traballadoras da empresa.