• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Comisión Europea axuda ás rexións europeas a ser mais innovadoras

Data de escritura

A Comisión Europes renovou a iniciativa «escaleira de excelencia» para seguir facilitando axuda e coñecementos técnicos individualizados ás rexións que se quedaron atrás no que se refire á innovación. Esta iniciativa axudará ás rexións para desenvolver, actualizar e perfeccionar as súas estratexias de especialización intelixente —é dicir, as súas estratexias rexionais de innovación baseadas en ámbitos especializados de solidez competitiva— antes mesmo do inicio do período orzamentario 2021-2027. Tamén lles axudará a identificar que recursos da Unión son adecuados para financiar proxectos innovadores e a formar equipo con outras rexións que teñan puntos fortes similares para crear agrupacións de innovación.

A nova iniciativa poñerase en marcha este verán e terá unha duración de dous anos. As rexións poden manifestar o seu interese e participar a través da Plataforma de Especialización Intelixente.