• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Noite Aberta de Primavera

A concellería de Comercio, dirixida por Reyes Leis, organiza por primeira vez a “Noite Aberta de Primavera” do comercio compostelán, que se celebrará o venres 18 de maio e que se integra dentro do programa municipal de actividades das Festas da Ascensión.

Un total de 50 comercios participantes abrirán as súas portas ata as once da noite para ampliar o horario comercial habitual e facilitar as compras no pequeno comercio da cidade nun día no que haberá un ambiente festivo pola Ascensión. Os comercios participantes identificaranse co cartel promocional do programa. Entre todas as persoas que fagan compras superiores a 20 euros nalgún destes comercios sortearase unha viaxe para dúas persoas as illas Canarias e dez vales de compra de 50 euros para comprar nos propios comercios participantes. Consulta as bases do concurso .

Co ánimo de facilitar o máximo o acceso á cidade, adoptaranse ás seguintes medidas relativas ao transporte urbano e aparcamentos.

A liña 1 do transporte urbano prolongarase ao aparcadoiro de Santa Marta nas dúas direccións, facilitando así o seu uso pola xente que se acerque a cidade con motivo das festas e para realizar as súas compras.

  • Polígono do Tambre – Boisaca – Rúa da Senra – Rúa da Choupana – parking Santa Marta – Hospital Clínico
  • Hospital Clínico – parking Santa Marta – Rúa da Choupana – Rúa da Senra – Polígono do Tambre

A frecuencia desta liña para os días 17, 18 e 19 de maio será a seguinte:

  • Xoves 17 de maio: en horario de mañá cada 16 minutos e en horario de tarde cada 30 minutos.
  • Venres 18 de maio: cada 16 minutos ao largo de todo o día.
  • Sábado 19 de maio: en horario de mañá cada 20 minutos e en horario de tarde cada 30 minutos.

O horario do aparcadoiro de Santa Marta será o xoves 17 de maio de 10 h a 22.30 h e o venres 18 e sábado 19 de maio de 7.30 h a 22.30 h. A tarifa será de 1,50 euros que se aboará á entrada e o usuario poderá estacionar todo o día.

Co ánimo de facilitar as compras dos pais e nais, no Centro Sociocultural do Ensanche haberá servizo de gardería en horario de 18.30 h  a 21.30 h. O servizo ofrecerá dous talleres (para crear os seus propios monederos e volvoretas) para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. Haberá sesións cada hora. Admitiranse simultáneamente 30 nenos (15 nenos por taller). As inscripcións poderán realizarse a partires das 18 h no mesmo centro.

Colocarase ademais un hinchable para meniños de 1 a 3 anos, que deberán neste caso asistir acompañados dalgún familiar responsable.

O programa compleméntase ademais con animación en rúa consistente en sketches cortos e interacións cos viandantes e comercios participantes que animen a cidadanía a entrar e coñecer o que ofrece o noso comercio. A animación terá unha duración de unha hora e media, de 21 h a 22.30 h e percorrerá durante ese tempo diversas rúas do Ensanche e do casco histórico compostelán.

No ensanche desenvolverase a animación “Familia de 0 a 99 anos”: familia de personaxes circenses onde non faltará de nada: nai zancuda, fillos adolescentes, pequenos que xogan a malabares, os bebés e como non podía faltar, o avó.

No casco histórico ofrecerase o número “Barroque Chimpins”: dous personaxes moi elegantes que fuxiron do século XVII en zancos acrobáticos e hoxe están aquí. 

Periodo de actuación

Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017