• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Rede de Cooperación Local 2008

A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo puxo en marcha a Rede de Cooperación Local (RCL) no ano 2004 como instrumento de fomento e creación de riqueza, co obxectivo de favorecer a competitividade e a innovación do tecido industrial de Compostela a través da colaboración entre o mundo empresarial, as institucións e a Universidade de Santiago.

A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo puxo en marcha a Rede de Cooperación Local (RCL) no ano 2004 como instrumento de fomento e creación de riqueza, co obxectivo de favorecer a competitividade e a innovación do tecido industrial de Compostela a través da colaboración entre o mundo empresarial, as institucións e a Universidade de Santiago.

Para acadar esta interrelación entre empresariado, institucións e investigadores da USC, organízanse visitas conxuntas, comidas de traballo, conferencias, e distintas accións formativas que van evolucionando segundo as necesidades detectadas en cada momento.

Caracteristicas

Nos últimos anos sumáronse novos valores á Rede de Cooperación Local: a Fundación Caixa Galicia, a Obra Social Caixa Galicia e a Consellería de Innovación e Industria. As tres entidades únense á USC e a Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre, que xa viñan colaborando coa Concellaría de Promoción Económica desde que naceu a RCL.

En 2008 leváronse a cabo, no marco da RCL, 21 accións formativas, dúas conferencias, unha visita, unha comida de traballo e un encontro entre persoas usuarias dos programas de Promoción Económica. Nestas actividades participaron 777 persoas. Ademais, no marco da Rede de Cooperación Local elaborouse o Estudo do sector industrial de Santiago de Compostela, no que se ofrece unha radiografía do tecido empresarial compostelá na que se inclúe unha completa cartografía, e unha diagnose da oferta formativa que existe actualmente e da que demandan as empresas.

Estudo do sector industrial

O Estudo do sector industrial de Santiago de Compostela supón un avance no coñecemento do noso tecido empresarial e industrial, necesario para definir as suas carencias e as súas potencialidades de cara ao interior (para que as empresas se coñezan entre elas e os recursos de que dispoñen a hora de establecer negocios) e de cara ao exterior (para futuros inversores). Contén información sobre o tecido produtivo do Concello de Santiago, definindo o mapa industrial de Compostela, os perfís profesionais demandados polo sector e as características básicas do territorio empresarial. Esta información atopámola dun xeito máis detallado nos dous traballos de investigación que serviron de base para extraer as conclusións recollidas na publicación: o Estudo sobre o sector industrial, os procesos de produción e o uso das Tics por parte das empresas do Polígono Industrial do Tambre, realizado por Gabinete de Estudios Expertas e o Mapa Competencial e de perfís profesionais do concello de Santiago e a identificación das súas necesidades formativas, elaborado pola Fundación para la Formación Técnica en Máquina Herramienta. Estas conclusións presentáronse no transcurso dun xantar de traballo, celebrado o 20 de maio do 2008, ao que asistiron 123 persoas entre representantes de distintas institucións, de empresas e da USC.

Periodo de actuación
Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017