• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xornada:Contratación pública responsable.Contratos reservados a CEE e EIL

Aeiga, a través da Rede Eusumo, organiza a mencionada actividade

Obxectivos:

- Analizar o escenario normativo de cláusulas sociais e contratación trala aprobación da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público
- Facilitar o acceso á adxudicación de contratos públicos ás entidades da economía social 
- Ofrecer ao persoal técnico as ferramentas e mellores prácticas para elaborar os pregos de contratación con cláusulas sociais e reservas de contratos.
- Trasladar experiencia práctica.

Data: 29 de xullo

Horario: de 10:00 a 12:00 horas

Lugar: no Salón de actos nº 2 da Conselleria de Presidencia, Xustiza e Turismo (Complexo administrativo de San Caetano s/n – Santiago de Compostela)

Destinatarios: Persoal técnico de entidades sociais, entidades de economía social e representantes políticos e cargos públicos de dirección

Programa formativo:

  • Contratos reservados a EIL
  • Breve introdución aos procedementos de contratación mais frecuentemente utilizados.
  • Como darse de alta no Rexistro Xeral de contratistas da Xunta de Galicia
  • Como buscar licitacións as que presentarse: A plataforma de Contratos públicos de Galicia (CPG)
  • Como presentar unha oferta: o Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).
  • Como presentar unha factura: O Sistema electrónico de facturación da Xunta de Galicia (SEF).

Intervencións:

  • Elena Barba Pan. Secretaria da Xunta Consultiva de contratación administrativa da C.A. de Galicia
  • Manuel Rodríguez Salgado. Analista-programador do Departamento de sistemas de contratación da AMTEGA
  • Manuel Otero Vieites. Analista-programador do Departamento de sistemas de contratación da AMTEGA

Inscricións:

- A través do seguinte formulario ou por correo electrónico aeigagalicia@aeiga.org

Para máis información: www.aeiga.org / 881 957 452 / 698 120 455