Foro Ignicia: A transferencia de coñecemento en Galicia
A Axencia Galega de Innovación ( Gain) e a Fundación Barrié celebran o próximo 16 de xullo o Foro Ignicia: A transferencia de coñecemento en Galicia, un evento de carácter mixto presencial-virtual, con retransmisión en streaming.
O obxectivo deste foro é compartir coñecemento sobre a situación da transferencia de resultados de investigación en Galicia en relación co contexto español e europeo, así como abrir un marco de reflexión e de actuación a cara ao futuro.
Durante o encontro serán presentados dous estudos promovidos por Gain e a Fundación Barrié:
A transferencia de resultados de investigación no Sistema Galego de I+D. Informe 2011-2018.
Análise organizativa e funcional das unidades de transferencia do Sistema Galego de I+D*.
As claves do escenario retratado mediante estes dous informes serán o marco para a reflexión e a presentación de conclusións a cargo de Fernando Galindo-Rueda, economista sénior da Dirección de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE), e Rogelio Conde-Pumpido, coordinador do estudo A transferencia de resultados de investigación no Sistema Galego de I+D. Informe 2011-2018.
A continuación, a directora de Gain, Patricia Argerey, presentará as claves do Programa Ignicia-Transferencia de Coñecemento, unha visión xeral que se completará coa experiencia dos promotores de dous spin- off apoiadas polo fondo de proba de concepto asociado ao programa – ALICE Biometrics e Celtarys – e coa análise sobre a interacción empresa-universidade #ante os novos retos socioeconómicos a cargo de Antonio Abril, presidente da Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas.
Finalmente, Fernando Conesa, xefe do Servizo de Promoción e Apoio á Investigación, Innovación e Transferencia na Universidade Politécnica de Valencia, expoñerá a súa visión sobre o desenvolvemento profesional de xestores/ as e investigadores/ as.
Eventos recientesForo Ignicia: la transferencia de conocimiento en Galicia
16 de julio
Webinar ayudas DeseñaPeme 2021
14 de julio
El Gemelo Digital: conceptualización, presente y futuro
13 de julio
Jornada en línea: ¿cómo presentar un proyecto de éxito al nuevo acelerador del EIC?
1 de julio
Instrumentos de apoyo a la I+D+i empresarial de CDTI y de GAIN
1 de julio
Palabras descoñecidas