• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Aberta a convocatoria do programa DeseñaPeme 2021

A Xunta de Galicia, a través da  Axencia  Galega de Innovación, publicou a convocatoria do Programa  DeseñaPeme 2021, o cal ofrece axudas para a mellora da capacidade de innovación e sustentabilidade nas empresas galegas mediante a incorporación do deseño estratéxico de produtos, servizos, experiencias e marcas-identidade corporativa.

Beneficiarios.-
As axudas deste programa poderán ser solicitadas por 
microempresas, pequenas e medianas empresas individuais, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicita a axuda.

Tipoloxía de proxectos.-
Nestas axudas diferéncianse tres ámbitos do deseño segundo o tipo de proxecto a poñer en marcha nas empresas beneficiarias:

  • Deseño de produto: concepción e desenvolvemento de produtos novos ou, en caso de redeseño dos xa existentes, que se aprecie unha mellora substancial (12 meses de duración mínima do proxecto).
  • Deseño de servizos e experiencias: concepción e desenvolvemento de servizos e experiencias novos ou, en caso de redeseño dos xa existentes, que se aprecie unha mellora substancial desde o punto de vista estético, funcional, técnico/produtivo e económico (12 meses de duración mínima do proxecto).
  • Deseño de marca e identidade corporativa: formulación de proxectos de identidade corporativa e marca, con especial atención á representación de valores sostibles e innovadores (6 meses de duración mínima do proxecto).

Tipo de axuda e incentivo.-

Trátase dunha convocatoria en réxime de concorrencia competitiva con subvención a fondo perdido do 50% dos custos de implementación incluídos no “Proxecto de Deseño para a Innovación e Sustentabilidade” (axudas entre 5.000 € e 100.000 €).

A convocatoria dispón dun orzamento total de 1.500.000 €.

Custos subvencionables.-

Obtención, validación e defensa de patentes e outros activos inmateriais.
Servizos de asesoramento en materia de innovación.
Activos materiais e inmateriais exclusivamente ligados ao proxecto ( p.ex.  moldesutillaje, prototipos, etc.).
Servizos de apoio en materia de deseño para a innovación.
Persoal propio e persoal de nova contratación.
Equipamento e material instrumental de nova adquisición e non adquirido con fondos ou axuda públicas.
Adquisición de licenzas de propiedade industrial.
Material, subministracións e produtos similares.

Presentación de solicitudes.-
As entidades interesadas en presentar solicitude a esta convocatoria deben facelo a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, con prazo entre 03/07/2021 e 02/08/2021.