• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Súmate a cultura emprendedora en Economía Social ! Programa de formación e asesoramento da USC

A Universidade de Santiago de Compostela lanza un programa de aceleración online onde podes facer o teu programa a medida e inscribirte nas accións que máis necesites

Datas: de xuño ao 28 de setembro do 2021

Destinatarios: alumnado universitario, persoas emprendedoras con proxectos de economía social, empresas de economía social que aposten por un salto de escala e outras empresas que queiran transformarse en entidades de economía social

Obxectivos:

  • Fomentar o emprendemento a través da mellora dos coñecementos e as competencias.
    - Incentivar a creación de empresas de economía social.
    - Reducir o tempo de posta en marcha dos proxectos.Favorecer o salto de escala de proxectos de economía social.

Accións formativas:

 

  1. FORMACIÓN
    Sesión Lean Start Up - Construíndo un modelo de negocio: 15 horas de formación do 13 de xullo ao 03 de agosto. Preme aquí para ver o cartel formativo completo. Podes inscribirte so a esta formación en: https://bit.ly/inscricionmodelodenegocio2021  
    Sesión Consolidación e salto de escala dos proxectos de economía social e mellora das capacidades dos promotores: do 07 ao 28 de setembro de 2021. Preme aquí para visualizar o cartel formativo completo. Podes inscribirte so a esta formación en: https://bit.ly/inscricionconsolidacion2021
  2. TITORÍAS E ASESORAMENTO.

Inscrición:

  • Ata o 12 de xullo ás 12:00 horas
    - A través do seguinte formulario de inscrición cubrindo os teus datos de contacto e seleccionando as accións nas que queres participar nunha ou nas dúas formacións e/ou no programa de titorias e asesoramento. Podes deseñar o programa a túa medida.
    - Tamén a través de proxectoeusumo.usc@gmail.com