• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Aberto o prazo para participar no Pont-Up Store 2021

A Consellería de Emprego e Igualdade colaborará como nos anos pasados no PontUp Store, que terá lugar os días 24 e 25 de setembro na praza de España de Pontevedra.

Se estás interesado en participar nesta 8.ª edición do Encontro de Emprendemento PONT-UP STORE, xa podes presentar a túa candidatura e participar de forma gratuíta.

Nesta edición, o encontro estará especialmente dirixido a persoas emprendedoras valentes que puxeron en marcha a súa empresa en plena pandemia (entre 2019 e 2021) e aberta tamén a todos aqueles emprendementos que xa participaron en pasadas edicións e que presentan unha innovación destacable que lles permitira afrontar con éxito a situación xerada pola COVID-19.

As candidaturas poderán presentarse desde o 28 de xuño ata o 4 de xullo a través da web www.pontupstore.com, facéndose pública a decisión do comité organizador o 21 de xullo.

O Pont-Up Store é unha iniciativa liderada polo Campus CREA de Pontevedra (Universidade de Vigo) co apoio do Concello de Pontevedra como patrocinador principal, froito da cooperación de máis de 50 entidades públicas e privadas que durante estes anos foron sumándose ata conformar un ecosistema de apoio ao emprendemento co obxectivo de converter a Pontevedra durante tres días na capital galega das mellores iniciativas empresariais.