• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Webinario BREXIT.Impacto aduaneiro,efectos fiscais e medidas de apoio á empresas.

O 1 de xaneiro de 2021 finalizou o período de transición para a saída do Reino Unido da Unión Europea.
 Isto significa que, independentemente do Acordo de Comercio e Cooperación que asinaron ambos os bloques, a efectos aduaneiros, Reino Unido recibe a consideración de terceiro país e, por tanto, as transaccións  comerciais quedan sometidas a controis e trámites aduaneiros.
 

   Webinarr día 12 de febreiro as 10.00 horas

 

   É por iso que as empresas con intereses comerciais en Reino Unido deberán revisar a súa operativa e adaptarse á novo paradigma. Para dar apoio a esas empresas, neste  webinar trataranse desde o punto de vista do IVE e aduanas, os seguintes puntos: implicacións para as empresas exportadoras ao Reino Unido, implicacións para as empresas importadoras en España de produtos do Reino Unido, implicacións nas prestacións de servizos ao Reino
Unido, a especial situación nas relacións con Irlanda do Norte, os impostos especiais e a devolución do IVE soportado.

Na sesión contarase coa participación da firma internacional de servizos legais e fiscais  BDO, que veu traballando no marco do Brexit  Hub Plan de continxencia para as empresas ante o brexit, así como coa intervención do Instituto Galego de Promoción Económica ( IGAPE ) que preparou un kit de ferramentas, que inclúe o cheque Brexit, para dar soporte á empresa galega nesta situación.