• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Convocatoria Premios á Cooperación 2021

A Consellería de Emprego e Igualdade vén de publicar as bases reguladoras dos Premios á Cooperación 2021.

obxectivo deste programa é fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma galega.

Os premios establecidos distinguen nas seguintes categorías:

  • Aos valores cooperativos
  • Ao mellor proxecto cooperativo novo
  • Á traxectoria cooperativa

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de abril de 2021.