Extracto da Resolución nº2021/1433 do 19/01/2021,D.P.A Coruña, aproba Programa subvencións a concellos e entidades locais para apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais,musicais e de artes escénicas ano 2021
O obxecto desta convocatoria son os festivais audiovisuais, musicais, escénicos que se celebren na provincia da Coruña, entendendo por festivais aqueles eventos culturais con identificación e marca propia e recoñecible, programación diversa que aglutine diferentes propostas artísticas, organizado periodicamente, con data de celebración consolidada e orientada á consecución de públicos amplos ao redor dunha proposta de contidos coherente e definida.
BOP Nº 15 do 25/01/2021
Beneficiarios : Concellos e outras entidades locais da provincia da Coruña que leven a cabo algún dos festivais descritos no obxecto do programa e cumpran os requisitos da convocatoria e os establecidos na Ordenanza xeral de subvencións e transferencias no momento de presentaren a solicitude.
As entidades locais poderán presentar a súa solicitude individual ou conxuntamente, baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou outra fórmula semellante), sempre que se acredite a realización conxunta do festival e non actuacións independentes en cada entidade.
Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas non poderá tratarse dunha actuación illada ou independente e deberá prestase de xeito consorciado ou mancomunado.
Cada entidade local deberá presentar unha solicitude independente por cada cada festival, e en ningún caso un mesmo concello poderá realizar máis de 2 solicitudes.
As axudas a conceder oscilarán entre un mínimo de 10.000 € e un máximo de 80.000 €.
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto de convocatoria no BOP da Coruña, e rematará ás 14.00 horas do día 25 de febreiro de 2021.