• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Extracto da R. nº 2021/236 do 8/1/2021 da Presidencia da D.provincial pola que s se aproba Programa de subvencións a entidades sin ánimo de lucro para realizar actividades culturais ano 2021

 

De conformidade co previsto nos artigos 17.3. b e 20.8.a de a Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións

  (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/543970)

As axudas económicas obxecto da presente convocatoria destinaranse á realización das actividades culturais descritas na base 3 das Bases reguladoras
  do programa

 Beneficiarios :

A presente convocatoria vai dirixida a entidades sen ánimo de lucro, con domicilio fiscal na provincia da Coruña ou
que acrediten que as actividades obxecto da subvención realizaranse no ámbito territorial desta provincia.

Modalidades do programa:

Entidades de natureza cultural: asociacións culturais e entidades que teñan o seu carácter cultural debidamente acreditado nos seus estatutos.

Entidades de natureza veciñal: asociacións de veciñas e veciños, asociacións xuvenís, de amas de casa, da terceira idade, asociacións de mulleres rurais

Entidades de natureza  socioeducativa: ANPAS de centros educativos de ensino público, asociacións pedagóxicas, etc.

Entidades de natureza social e/ou asistencial: entidades que realizan o seu labor de forma prioritaria no campo dos servizos sociais, o medio ambiente, a igualdade, a memoria histórica, a sensibilización e traballo nos valores cívicos
  e o desenvolvemento territorial e socioeconómico.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto de convocatoria no BOP da Coruña, e rematará ás 14.00 horas do día 19 de febreiro de 2021.

  BOP Nº 9 do 15/01/2021