Resolución do 3 decembro 2020,da D.X.Relacións Laborais pola que dá publicidade das festas laborais de carácter local para ano 2021 dos concellos das catro provincias da Comunidade de Galicia
A Dirección Xeral de Relacións Laborais acorda o seguinte:
Primeiro. Darlles publicidade ás festas de carácter local, inhábiles para os efectos laborais, retribuídas e non recuperables, para o ano 2021, que serán para os concellos pertencentes ás provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, as que figuran, respectivamente, nos anexos I, II, III e IV.
Segundo. Lembrar que, en virtude do establecido no artigo 34.6 do Estatuto dos traballadores, as empresas deberán ter exposto o calendario laboral nun lugar visible de cada centro de traballo, para coñecemento e consulta dos seus traballadores e traballadoras. O incumprimento do anterior constitúe infracción en materia laboral tipificada no artigo 6 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.
DOG Nº 250 do 14/12/2020
ANEXOS I,II,III,IV