• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Resolución do 27 novembro 2020 ola que se modifica a resolución do 14 agosto 2020 pola que se establecen bases concorrencia competitiva das axudas para o programa Fábrica do futuro,intelixente e sustentable da industria 4.0

Modificación da Resolución do 14 de agosto de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da industria 4.0 (cuarta convocatoria) e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN854A)

DOG Nº 241 do 30/11/2020

 

Artigo 1. Modificación da Resolución do 14 de agosto de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da industria 4.0 (cuarta convocatoria) e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN854A)

Un. Modifícase o número 1 do artigo 4. Beneficiarios, que queda redactado nos seguintes termos:

«1. Poderán ser beneficiarias destas axudas:

a) Empresas do sector industrial, así como daqueles sectores, industriais ou de servizos, definidos como «nova industria» na Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0, que dispoñan dun establecemento legalmente constituído, que poidan liderar proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico que cumpran as características recollidas no artigo 6 da presente resolución.

As empresas, atendendo ao seu tamaño, poderán ser grandes ou pemes, segundo as definicións incluídas no artigo 2.

b) Agrupacións dunha empresa ou empresas do sector industrial, así como daqueles sectores, industriais ou de servizos, definidos como «nova industria» na Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0 e un ou varios organismos de investigación e difusión, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), que realicen proxectos en cooperación.

c) Agrupacións entre unha grande empresa e unha ou varias pemes que, en ambos os casos, deberán pertencer ao sector industrial, ou a aqueles sectores, industriais ou de servizos, definidos como «nova industria» na Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0

Dous. Modifícase o punto 7 do artigo 6. Características dos proxectos, que queda redactado nos seguintes termos:

«7. A duración dos proxectos estenderase ata o 30 de abril de 2023».

Tres. Modifícase o número 1 do artigo 8. Financiamento, que queda redactado nos seguintes termos:

«1. As subvencións imputaranse ao capítulo VII do orzamento da Axencia Galega de Innovación ás aplicacións orzamentarias que se indican neste artigo.

Catro. Modifícase o número 2 do artigo 41. Xustificación da subvención, que queda redactado nos seguintes termos:

«2. Prazos de xustificación:

Períodos de emisión de facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados:

Primeira anualidade: desde a data de presentación da solicitude ata o 31 de decembro de 2021.

Segunda anualidade: desde o 1 de xaneiro de 2022 ata o 31 de outubro de 2022.

Terceira anualidade: desde o 1 de novembro de 2022 ata o 30 de abril de 2023.

Prazos de presentación da documentación:

Primeira anualidade: ata o 31 de marzo de 2022.

Segunda anualidade: ata o 15 de novembro de 2022.

Terceira anualidade: 15 de maio de 2023».

Cinco. Modifícase o número 2 do artigo 44. Pago, que queda redactado nos seguintes termos:

«2. Pagamentos anticipados:

Poderanse tramitar pagamentos anticipados das anualidades correspondentes aos anos 2021 e 2022 sen superar o 65 % da subvención total concedida. A concesión destes anticipos realizarase mediante resolución motivada de acordo co artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 2. Prazo das solicitudes

Ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes que será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira única

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.