• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Real Decreto-ley 34/2020, de 17 de noviembre, de medidas urgentes de apoyo a la solvencia empresarial y al sector energético, y en materia tributaria.

Con esta Real Decreto-lei prorróganse algunhas das medidas adoptadas pola
Lei 3/2020, do 18 de setembro, que se considera necesario conservar co seguinte
obxectivo: Manter a continuidade económica das empresas, profesionais e autónomos
que sofren dificultades económicas derivadas da excepcional situación ocasionada pola
pandemia ou que, con anterioridade á crise do COVID-19, viñan cumprindo
regularmente as súas obrigacións económicas, así como as derivadas dun convenio, dun
acordo extraxudicial de pagos ou dun acordo de refinanciamento. Desta maneira, por unha banda,
amplíase a 14 de marzo de 2021 a suspensión do deber de solicitar a declaración
do concurso de acredores, así como a obrigación do xuíz de admitir a trámite as
solicitudes de concurso necesario presentadas polos acredores.

Tamén, amplíase o alcance temporal das medidas de inadmisión a trámite dunha
declaración de incumprimento de acordo de refinanciamento, de convenio ou de acordo
extraxudicial de pagos, sempre condicionadas á renegociación dun novo acordo ou
convenio. Este réxime, que se atopaba vixente para as solicitudes de incumprimento
presentadas ata 31 de outubro, segue aplicándose nos seus mesmos termos. O que
establece esta Real Decreto-lei é a posibilidade de aplicalo ás solicitudes de declaración
de incumprimento que se presenten entre o 31 de outubro de 2020 e o 31 de xaneiro de 2021.

  BOE Nº 303 do 18/11/2020

 

  Consta de :

  Capitulo 1 " Apoio á solvencia empresarial " ( artigos 1,2,3 )

  Capítulo 2 " Medidas relativas ao sector enerxético " ( artigos 4,5 )

  Capítulo 3 " Medidas en materia tributaria " ( artigos 6,7,8,9,10 )

  Disposición adicional, 1

  Disposición transitoria, 1

  Disposición final, 14