• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Jornada online de cierre del proyecto MANUFACTUR 4.0


A Axencia Galega de Innovación organiza a xornada de peche do proxecto MANUFACTUR 4.0 o día 03 de decembro de 2020. A xornada dará comezo ás 10.00 (hora española), e nela expoñeranse os principais resultados alcanzados polo proxecto por parte das entidades beneficiarias. Con este evento o CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación ( GAIN) dará a coñecer o concepto de Industria 4.0 que representa para a industria naval unha gran oportunidade de mellorar tanto o estaleiro como o propio proceso de construción dun buque, abrindo camiño a unha nova era industrial.

Data: 03/12/2020

Hora: 10.00 a 12.00

Prazo de inscrición: ata o 02/12/2020 ás 12 horas


O proxecto MANUFACTUR 4.0, liderado pola Axencia Galega de Innovación ( GAIN) a través do CIS Tecnoloxía e Deseño, e enmarcado no PROGRAMA EP-INTERREG V A ESPAÑA – PORTUGAL (POCTEP), ten como obxectivo a transferencia de maneira efectiva á industria dos sectores naval e metalúrxico de novas tecnoloxías de fabricación avanzada e baixo custo. Abundando neste concepto, a xornada contará ademais con Salvador Naya Fernández, Vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da Universidade da Coruña que relatará a experiencia práctica da Unidade Mixta formada por Navantia e a Universidade da Coruña en torno ao Estaleiro do Futuro.