• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Compostela Monumetal e APE Galicia celebrarán no mes de novembro cursos e charlas gratuítas Prevención Riscos Laborais

A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental e a Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia "APE", en colaboración coa Xunta de Galicia, levarán a cabo durante o mes de novembro, en Santiago de Compostela, Cursos e Xornadas de Prevención de Riscos laborais de forma totalmente gratuíta.

 

PRAZAS LIMITADAS POR CULPA DO COVID 19 E ACCESO GRATUÍTO

Desde este venres 6 de novembro e ata o día 10 do presente mes, terán como escenario a sede de Compostela Monumental, sita na Rúa Algalia 31.

O programa previsto é o seguinte:

Venres 6 de novembro e luns 9 de novembro, de 09:00 a 14:00 horas

Curso de Extinción de Incendios e Evacuación no Sector Comercio.- Presencial// 10 horas

Martes 10 de novembro, de 16:00 horas a 19:00 horas

Riscos Psicosociais na Empresa; Protocolos de Acoso no Sector Comercio.- Presencial//3 horas

Martes 10 de novembro, ás 19:00 horas

PRL Envellecemento no Traballo no Sector Metal.- Presencial//3 horas

Os interesados en asistir a estas xornadas gratuítas deberán poñerse en contacto con www.apegalicia.gal, ou ben chamando ao 986.891657. As prazas son limitadas por motivo do COVID 19.