• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Ciclo on line.MATERIAIS PARA O FUTURO.Workshop:CMF.Tendencias en materiais

As propiedades sensoriais dos materiais (textura, brillo, olor e cor) axudan a establecer un vínculo emocional entre o usuario e o produto. Isto constitúe non só un factor decisivo en moitas decisións de compra, senón tamén un incremento no valor percibido aplicado ao produto.

Neste workshop, Noemí Cortizas, experta na nova disciplina do deseño denominada CMF (Cor, Material e Finish – acabado–), mostrará como é posible crear variantes de novos produtos traballando sobre as superficies externas mediante o emprego de procesados, vernices, pigmentos e a combinación acertada de diferentes materiais. Como exemplo de aplicación destas técnicas, FINSA dará a coñecer as súas últimas propostas para dar resposta ás novas tendencias de mercado.

Na segunda parte do workshop, a empresa Materially presentará e comentará unha variada selección de materiais internacionais, escollidos pola adecuación das súas calidades sensoriais aos requisitos que impoñen os actuais modelos produtivos baseados na denominada economía verde

Este evento é de especial interese para deseñadores, persoal técnico e profesionais vinculados co deseño e a comercialización de novos produtos

Xoves, 12 de novembro de 2020. De 10.30 a 13.00 h

Programa:

10.30 - 10.35 h

Presentación da xornada María José Mariño. Directora da Área de Centros da Axencia Galega de Innovación

10.35 - 11.50 h

Do átomo aos sentidos Noemí Cortizas. Ydemaker

11.50 - 12.05 h

Tendencias estéticas na madeira Maria de la Mata. FINSA

12.05 - 12.45 h

Selección de materiais sustentables que comunican e impactan Unai Etxebarria e Iker Agirre. Materially

12.45 - 13.00 h

Preguntas, conclusións e peche da xornada