• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Estratexias e casos de éxito na internacionalización alimenataria.Ciclo de webinars

A Agrupación industrial Alimentaria de Galicia ( Clusaga) organiza co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica ( IGAPEE) o ciclo de webinars “Estratexias e casos de éxito na internacionalización alimentaria”.

A formación realizarase en catro sesións, en horario de 9.30 a 12.30 horas, do 13 de novembro ao 4 de decembro e analizará como enfrontarse á expansión internacional no sector alimentario tendo en conta a situación de incerteza xerada tanto pola COVID-19 como polas medidas proteccionistas. Está dirixida, principalmente, a xerentes, profesionais do márketing e comerciais de empresas e organizacións do sector alimentario.

O obxectivo deste ciclo de webinars é que os asistentes poidan, por unha banda, coñecer de primeira man estratexias e casos de éxito no ámbito internacional, que lles permitan adaptar as súas estratexias e, por outro, adquirir as ferramentas idóneas para afrontar a transformación con maior éxito para a internacionalización da empresa na contorna poscovid.


A data límite para inscribirse é o venres, 6 de novembro de 2020

Para calquera dúbida, pódese contactar con Clusaga a través do email info@clusaga.org.