• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Como aproveitar as fontes de datos abertas e as ferramentas open source para vixilancia tecnolóxica


Coñecer fontes primarias de calidade e saber explotalas con ferramentas gratuítas, abertas e reproducibles permítenos aumentar a eficiencia nos procesos de asimilación de información. Con esta xornada online organizada polo CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación ( GAIN) preténdese discutir e revisar algunha destas cuestións.


Durante esta xornada o experto Enric EscorsaCallaghan, CEO de IALE Tecnoloxía, abordará, entre outras cuestións, como é posible xestionar a actividade de Vixilancia Tecnolóxica e Intelixencia Competitiva mediante a explotación de fontes abertas; así como o que significa a Ciencia Aberta e o uso de open source . Por último, durante a xornada tratarase o concepto de reproducibilidad das investigacións e a integración de ferramentas.

Fecha: 04/11/2020
Hora: 10.15 – 12.30h