Xestión económico financeira nas cooperativas
APE Galicia, a través da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade formativa:
Xestión económico financeira nas cooperativas
Datas: do 26 de outubro ao 11 de novembro de 2020
Modalidade: teleformación a través de www.recursosgalicia.es/formación
Destinatarios: mulleres que traballen ou colaboran con entidades de economía social e solidaria (cooperativas, sociedades laborais, confrarías, centros especiais de emprego, empresas de inserción, asociacións, fundacións, etc) e público en xeral interesado.
Obxectivos:
- Interpretar a información económico-financeira elaborada por unha cooperativa e desenvolver a capacidade de emitir xuízos críticos sobre a súa evolución.
- Coñecer os criterios de rexistro contable que afecten á cooperativa.
- Coñecer e avaliar as fontes de financiación utilizadas pola cooperativa.
Programa formativo:
- Réxime xurídico das cooperativas
- Análise económico-financeira
- Fiscalidade de empresas cooperativas
- Contabilidade de cooperativas
- Fontes de financiación de cooperativas
Planificación temporal:
Módulos
Duración
Datas
Módulo 1. Réxime Xurídico das Cooperativas
8 horas
26 outubro – 28 outubro
Módulo 2. Análise económico - fiananceiro
8 horas
29 outubro – 01 novembro
Módulo 3. Fiscalidade de empresas cooperativas
8 horas
02 – 04 novembro
Módulo 4. Contabilidade de Cooperativas
8 horas
05 – 08 novembro
Módulo 5. Fontes de financiación de Cooperativas
8 horas
09 – 11 novembro
Data de finalización do curso: 11 de novembro de 2020
Para máis información: 981558374 / info@apegalicia.es / www.apegalicia.gal