II FEIRA DE EMPRENDEDORAS DE COMPOSTELA
Innovación social no emprendemento é a temática escollida para esta segunda edición da Feira de Outono de Emprendedoras de Compostela, unha iniciativa que conta coa colaboración da USC e que promove a Concellaría de Educación, Mocidade, Igualdade e Políticas Lingüísticas compostelá.
Datas: do 26 ao 31 de outubro de 2020
Obxectivo: achegar á cidadanía as diferentes iniciativas da economía social lideradas por mulleres e que están creando tecido empresarial responsable e transformador na nosa contorna máis próxima.
Modalidade: semipresencial.
A parte presencial desenvolverase na Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos de Santiago e todo o evento será retransmitido en liña e en directo a través da canle de Youtube de Woman Emprende.
A formación será en liña dende o luns, día 26, ata o xoves, 29 de outubro, mentres que o venres 30 de outubro será presencial no Espazo Gastro da Praza de Abastos.
Destinatarias: mulleres emprendedoras da área de Compostela que teñen entidades de Economía Social.
Temáticas:
- Inovación en emprendemento
- Economía Social - Responsabilidade Social das empresas: "As persoas no centro das organizacións"
- Responsabilidade Ambiental das empresas: a transformación da nosa contorna é unha das responsabilidades que deben traballar as empresas, algo co cal a clientela está concienciada cada vez máis e esixe
- Emprendementos de éxito liderados por mulleres que siguen estas fórmulas de responsabilidade
- A crise xerada pola Covid -19 e posibles solucións a ela.
Programa formativo:
Workshop semipresencial de Design Thinking: "da idea á acción" (Formación en liña para as emprendedoras durante aprox. 20 minutos/día)
- Luns 26, 27 e 28 de outubro: Formación en liña a través dun vídeo creativo.
- Xoves 29 de outubro: Proxecto de Co-creación, en liña e en directo, dun prato a través do Design Thinking durante 60 minutos.
- Venres 30 de outubro de 2020: (Presencial na Aula Gastro da Praza de Abastos de Compostela)
18.00 - 18.30 h: Prototipado e empratado en directo.
18:30 - 19:00 h: Presentacións e feedback en directo.
- Sábado 31 de outubro de 2020
9.30 - 10:30 h: Mesa redonda de inauguración: "As persoas no centro da organización: empresas de economía social, liderado e motivacións".
Carmen Casado Casado - Responsable de Desenvolvemento Económico, Oficina de Promoción Económica do Concello de Santiago
Alba Paz Boubeta - Subdirectora xeral de Economía Social, Consellería de Emprego e Igualdade.
Mercedes Vázquez Bartomeu - AESGAL
Ana Olveira Blanco - Unión de Cooperativas Espazocoop
María Dolores Calvo - AGACA
Rosa Gutiérrez - Galega de Economía social CEGASAL
10.30 - 13:00 h: Feira expositiva das marcas emprendedoras sociais de Compostela con stands para visibilizar ás marcas e os seus produtos:
Entrevistaremos en directo ás emprendedoras para que nos presenten os seus proxectos e o retransmitiremos en directo a través da canle de Youtube de Woman Emprende.
Tamén está prevista a participación de diferentes entidades que velan por crear un tecido empresarial responsable e transformador na contorna máis próxima, con especial atención a valores asociados ao feminismo, abordados dende a creatividade, o coñecemento, o impacto social e ambiental, como mostra de que a creación de empresas innovadoras e viables economicamente nos diversos sectores é totalmente compatible coa creación dun tecido empresarial responsable.
13.00 - 14:00 h: Mesa de debate: "Empresas consolidadas referentes".
Intervirán mulleres emprendedoras consolidadas empresarialmente e que se teñen convertido en referentes no seu sector. A finalidade é coñecer a súa experiencia empresarial e amosar o conxunto de actividades económicas que no ámbito privado levan a cabo entidades consolidadas que perseguen o interese colectivo das persoas que as integran así como o interese xeral económico ou social.
M. do Mar Lorenzo Moledo - Vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da Universidade de Santiago de Compostela
Maria Bastida Domínguez - Presentación de resultados de investigación: Como fomentar o espírito emprendedor das mulleres a través da Economía Social
Erea Viz Callejas - Amarelas
Isabel Lorenzo - Rayados
Marta Álvarez Quintero - Milhulloa
14.00 h: Peche da Feira
Xosé Antonio Sánchez Bugallo - Alcalde do Concello de Santiago
Antonio López Díaz - Reitor Universidade de Santiago de Compostela
Inscrición: a través do seguinte formulario.
Podes seguir a comunicación da feira a través das distintas redes sociais:
- Facebook: https://www.facebook.com/womanemprende.usc
- Twitter: https://twitter.com/womanemprende_
- Instagram: https://www.instagram.com/womanemprende.usc/