INICIACION AO COMERCIO ELECTRONICO
FORMACIÓN ON LINE E GRATUITA DIRIXIDA AO COMERCIO DE PROXIMIDADE E A ARTESANÍA. EN COLABORACIÓN COA XUNTA DE GALICIA
Del 09/11/2020 al 16/11/2020
Obxectivos:
Dotar aos asistentes dunha visión estratéxica de conxunto sobre o comercio electrónico. • Formarlles para que poidan autoxestionar unha tenda online básica. • Formarlles para que coñezan os aspectos fundamentais dunha web eficaz de comercio electrónico. • Dar a coñecer as diferentes alternativas e plataformas de comercio electrónico e as súas características. • Proporcionarlles ferramentas para a interpretación dos datos estatísticos de visitas aos perfís sociais • Asesorarlles de xeito individualizado para que desenvolvan correctamente o seu propio plan de redes sociais, de acordo coas súas necesidades particulares.
Duración.- 15 horas O plan proposto estrutúrase arredor de dous eixos: A realización de seminarios formativos sobre cuestións específicas e o asesoramento individualizado a cada empresa que o desexe para levar a cabo o seu propio plan de redes socias (Social Media Plan) A duración da parte formativa é de 15 horas, poidendo facilitarse asesoramento aos participantes máis aló da finalización da formación.
Destinatarios: O programa vai dirixido a micropemes, pemes e autónomos do sector comercio e artesanía e a persoas emprendedoras no devanditos sectores que teñan interese en coñecer o funcionamento e posibilidades do comercio electrónico e a venta online como elementos diferenciadores e de competitiviade do negocio.