Relanzamento Iniciativa SMEs Go International
O Programa Europeo para a Competitividade das Pequenas e Medianas Empresas (COSME) volveu a convocar a súa iniciativa ‘ SMEs Go International’, a través dun servizo de asesoramento a 25 proxectos que ten como obxectivo facilitar a internacionalización e os esforzos de expansión das pemes europeas. En definitiva, ‘ SMEs Go International’ busca axudar ás pemes europeas a desenvolver proxectos empresariais comercialmente viables e rendibles en asociación con terceiros países pertencente ou non á Unión Europea.
Plazo de presentación de solicitudes :
Antes do 16 de outubro ás 18.00 horas
Os proxectos que resulten seleccionados recibirán o asesoramento de expertos comerciais e de apoio que lles axudarán a levar os seus plans un paso máis aló, abordando eficazmente os desafíos e superando os obstáculos na súa proxección transnacional. Neste sentido, cabe destacar que as pemes non recibirán apoio financeiro directo.
As pemes socias da Agrupación industrial Alimentaria de Galicia ( Clusaga) interesadas en formar parte desta iniciativa poderán beneficiarse deste asesoramento no marco do proxecto europeo New Frontiers in Food ( NF4), unha aceleradora de internacionalización que traballou para mellorar a competitividade das pemes innovadoras das agrupacións industriais participantes, facilitándolles o acceso a catro mercados obxectivo, cos que o consocio xa estaba conectado: Canadá, Brasil, China e Estados Unidos.