Workshop online “Materiais para a impresión 3D”.
Título: Workshop online “Materiais para a impresión 3D”. Ciclo “Materiais para o futuro”
Data: 08/10/2020
Hora: 10.30 – 12.30 h.
A Materioteca de Galicia pon en marcha un ciclo de tres workshops online destinados a explorar as oportunidades de futuro que ofrecen os novos materiais para a innovación empresarial mediante o deseño.
Este workshop permitirá coñecer as características e aplicacións de varios materiais innovadores deseñados especialmente para a impresión 3D, unha tecnoloxía que se converteu nunha ferramenta moi útil para incorporar valor engadido aos produtos achegando grandes melloras e posibilidades no relativo aos procesos de fabricación en sectores diversos. Os catro grupos de investigación galegos que presentarán materiais innovadores neste campo serán o LabPlast e o Laboratorio de Aplicacións Industriais Láser da UDC, o Instituto de Cerámica da USC e o Grupo FA3 Novos Materiais da UVigo.