Subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega
Obxectivo: desenvolvemento de proxectos audiovisuais, que contribúa a asegurar a madurez dos produtos audiovisuais galegos,
Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas constituídas como produtoras audiovisuais independentes cunha antigüidade mínima e sen interrupcións dun ano (epígrafe IAE 9611), e con sucursal ou oficina permanente polo menos un ano, previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.
O importe global máximo das subvencións anteriormente detalladas será de 260.000 euros, suma que irá con cargo á aplicación orzamentaria 11.A1.432B.770.0 do orzamento de gastos da Agadic, código de proxecto 2010-0005, distribuído entre as anualidades 2020 e 2021: 26.000 euros con cargo ao exercicio 2020, e 234.000 euros con cargo ao exercicio 2021.