Convocatoria de axudas COVID-19 de CDTI
O CDTI abriu este luns 11 de maio unha nova liña de axudas para proxectos de I+D e investimento fronte á COVID-19.
Dotada con 12 millóns de euros, está enfocada a proxectos que busquen:
- incrementar a dispoñibilidade dos produtos considerados de emerxencia,
- contribuír a mellorar o tratamento da enfermidade na actual pandemia,
- contribuír a mellorar o diagnóstico e o manexo clínico de pacientes infectados,
- contribuír ao deseño, desenvolvemento e implantación de medidas de saúde pública para unha resposta eficaz á epidemia.
Tipos de proxectos subvencionables, beneficiarios e prazo de finalización
- Proxectos individuais de I+D de investigación industrial e/ou desenvolvemento experimental. Dirixidos a empresas ou centros tecnolóxicos e de apoio á innovación, terán que finalizar o 31 de outubro de 2021.
- Proxectos individuais de investimento para a fabricación de produtos realizados por empresas. Dirixidos a empresas, terán que finalizar o 31 de outubro de 2020.
Contía das axudas e prazo de presentación
O A subvención máxima por entidade é de 500.000 euros, ata o 80% do orzamento elixible (que poderá chegar ata os 625.000 euros nas dúas categorías).
Data fin do prazo de Inscrición
Enlaces