Ampliación prazo solicitude axudas á creación escénica
A actual situación do estado de alarma e as medidas adoptadas están a ter un grande impacto no sector cultural e os primeiros informes de impacto apuntan a unha recuperación máis tardía que noutros sectores. Será dos últimos sectores en volver á normalidade, de aí a necesidade de dar continuidade, entre outras, á presente convocatoria de subvencións, tratando de contribuír á reactivación do sector das artes escénicas e ampliando o prazo para que poida acceder a elas o maior número de interesados.
1. Continuar a tramitación do procedemento de concesión de subvencións da Resolución do 10 de xaneiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, á creación escénica e se convocan para o ano 2020.
2. Continuar o prazo de presentación de solicitudes por un período de 20 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, resultando ampliado o prazo de presentación de solicitudes regulado na base quinta da citada resolución.