Ampliación prazo solicitude axudas á calidade no sector turístico
A actual situación do estado de alarma e as medidas adoitadas están a ter un grande impacto no sector turístico. Os primeiros informes de impacto apuntan a unha recuperación máis tardía que noutros sectores. Será dos últimos sectores en volver á normalidade, de aí a necesidade de dar continuidade, entre outras, á presente convocatoria de subvencións, tratando de contribuír á reactivación do sector turístico.
Continuar o prazo de presentación de solicitudes por un período de 20 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (13 de maio de 2020).
Data fin do prazo de Inscrición