• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Modificación prazos en pagamentos directos á agricultura e á gandaría

Ampliación de diversos prazos establecidos na Orde de 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

Modifícanse varios artigos da Orde do 12 de febreiro de 2020:  

Primeiro. Prazo de presentación da solicitude única O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2020, iníciase o 1 de febreiro e finalizará o día 15 de xuño, ambos incluídos.  

Segundo. Prazo de presentación da modificación da solicitude única Unha vez finalizado o prazo para a presentación da solicitude única, os solicitantes poderán presentar solicitudes de modificación ata o día 30 de xuño.  

Terceiro. Prazo de presentación de solicitudes de modificación do Sixpac O prazo de presentación de solicitudes de modificación do Sixpac comezará o 1 de febreiro e rematará o 30 de xuño, ambos incluídos, para que as resolucións teñan efecto sobre as superficies validadas coa solicitude única do ano 2020.  

Cuarto. Prazo de comunicación de alteracións afectantes á condicionalidade En relación coa BCAA 7 e, concretamente, no referido ao mantemento das particularidades topográficas ou elementos da paisaxe, non será posible efectuar unha alteración dos ditos elementos agás daqueles que se indican expresamente na descrición desta BCAA no anexo VI, sempre e cando a súa alteración veña motivada por razón da viabilidade económica da explotación. Para que a dita alteración non dea lugar a un incumprimento da condicionalidade será necesario comunicala ata o día 30 de xuño.  

Quinto. Prazo de comunicación das cesións de dereitos de pagamento básico O período de comunicación das cesións de dereitos de pagamento básico iniciarase o 1 de novembro anterior ao inicio do prazo de solicitude e finalizará o 30 de xuño de 2020, ambos incluídos.

Data fin do prazo de Inscrición