Furancho Open Space
O próximo día venres 24 de abril, pola tarde, Startup Galicia celebrará o Furancho Open Space virtual. Será pola tarde e durará, aproximadamente, 2:30h.
En que consistirá e por que me vai interesar? Primeiro, porque todas as persoas que asistades poderedes ser poñentes e asistentes, achegando o voso punto de vista a todos os temas que vos interesen. Segundo, porque os temas a tratar serán os elexidos por todos e todas vós. E terceiro, porque o faremos áxil, en formato de pequenas charlas de 45 minutos, propostas e elixidas por vós. Este é o plan:
- Propoñendo ideas: coa entrada poderedes suxerir unha serie de cuestións a debatir dentro do tema “vindeiros retos das startups e empresas TIC en Galicia”.
- Democratizando o debate: a vindeira semana enviaremos unhas enquisas para que votedes, de entre todos os temas propostos, os que máis vos interesan.
- Organizando charlas: en función dos votos, meteremos as charlas en dous bloques, polo que haberá dúas charlas simultáneas (catro en total). De entre estas dúas poderedes asistir á que máis vos interese.
- O evento: tras a conexión inicial que faremos, compartiremos convosco a programación das charlas e explicaremos como vos podedes sumar ás mesmas.
- Sorpresas e networking: ao rematar os tracks teremos una sorpresiña e logo faremos, para quen lle apeteza, un chisco de networking
Que vos parece? Pinta ben, non si?! De seguro que pasaremos un moi bo rato opinando, compartindo e aprendendo. Entre todos/as, vainos quedar un evento ben xeitoso. Contamos contigo! Isto arranca o 24 de abril as 16:00 a partir dun enlace de Google Meet que vos faremos chegar
Inscríbete (de balde) aquí: https://www.eventbrite.es/e/entradas-furancho-open-space-online-102886165290