• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Emprendemento en horticultura biolóxica profesional

Curso “Emprendemento  en horticultura biolóxica profesional” co obxectivo de formar para a profesionalización a pequenos productores/as en materia de horta segundo o seguinte programa formativo:

 

FORMACIÓN EN GRUPO

  1. O plan de reconversión produtiva

Contidos:

- O valor da agricultura tradicional: coñecementos e aplicación.

- As prácticas agrícolas tradicionais: biodiversidade, optimización de recursos,

manexo da auga, protección de cultivos, soberanía alimentaria.

- A formulación agroecolóxica: a reconversión experimental do coñecemento

tradicional.

Duración: 4 horas.

  1. O consumo e a percepción da alimentación ecolóxica

Contidos:

- Criterios e percepcións sobre os alimentos cualificados como ecolóxicos.

- Os lugares preferentes de compra: opcións e diversidade de exposición e venda.

- Patróns de consumo e determinantes de compra.

- Perfís do consumidor ecolóxico.

- Tipos de consumo sobre oferta dispoñible.

- Condicionantes do consumo e tendencias futuras.

Duración: 4 horas.

  1. A certificación da produción ecolóxica

Contidos:

- As certificacións e avais oficias de apoio a produción como selos de verificación de calidade.

- Que é a produción biolóxica certificada en Galicia?: vantaxes e inconvintes.

- Procedemento: produtos a certificar, documentación, custos, auditorías, proceso de reconversión aceptado, tramitacións e proceso de certificación.

- O CRAEGA como comunidade de socios.

- Normativas aplicadas: europea, autonómica, actualizacións últimas.

- Outras certificacións: validez, implantación, repercusión.

- Alternativas viables as certificacións oficiais.

Duración: 4 horas.

  1. Plan de negocio para unha pequena empresa de produción biolóxica

Contidos:

- Idea de negocio: valor das persoas, misión e visión e valores relevantes asociados.

- Análise DAFO.

- Análise competitivo.

- Plan de marketing: produto, prezo, canles de distribución.

- Infraestruturas e inversións.

- Plan financeiro: viabilidade e rendibilidade económica pura e transversal.

- Outras rendibilidades.

- Organización do traballo.

- Normativas aplicadas.

- Formas xurídicas axeitadas e trámites de constitución e posta en marcha.

Duración: 4 horas.

  1. Xestión das actividades de comercialización

Contidos:

- Análise e elección da carteira de produtos.

- A verificación das demandas: a busca do encargo profesional.

- Loxística: aspectos clave no control da xestión propia ou compartida.

- Rexistro e aplicación de criterios de calidade na comercialización: as bases da trazabilidade.

- A negociación de prezos: a busca do acordo estable e seguro

- A comercialización compartida.

Duración: 4 horas.

 

SEMINARIOS

  1. Relación simbiótica entre produción e pequena distribución. Vantaxes e inconvintes.
  2. A mesa de prezos: relación de produtos preferentes segundo tempadas estacionais; fixación de prezos de modo escalable; xustificacións e rendibilidades m2; valores iniciais e engadidos na produción.
  3. Estado da cuestión do consumo local de produtos ecolóxicos na área de Compostela: operadores, características do consumo local, tendencias propias.
  4. Condicións de demanda e creación de mercados disruptivos: incidencia da oferta na elaboración dunha “cesta semanal” de compra (froitas, verduras, elaborados e outros).
  5. Modelos organizativos de produtores: ámbitos de asociación, organización interna, creación de oferta común, capacidade e influencia na negociación exterior, incidencia positiva no mercado, efectos económicos.
  6. O factor calidade na produción biolóxica: elementos diferenciais (autenticidade, calidade tecnolóxica, nutricional, emocional, biolóxica).

Duración de cada seminario: 3h

 

TITORIZACIÓN PERSONALIZADA

  1. Verificación da asimilación de saberes aprendidos, da implantación personalizada e da súa tradución en saberes facer, nas seguintes temáticas clave:

 Labra.

 Fertilización.

 Rotación e asociación de cultivos.

 Control de enfermidades e pragas.

 Manexo de adventicias.

  1. Asesoría formativa continua e titorización sobre problemas específicos relacionados coa produción, nas seguintes áreas de traballo clave:

 Organización espacial das diferentes zonas produtivas sobre calendarios de actividade.

 Xestión integral da produción.

 Fabricación de compost, abonos verdes e fertilizacións complementarias.

 Acolchados.

 Asociacións específicas de biocultivo intensivo.

 Tratamentos específicos.

 Propagación vexetal e aportes de reprodución vexetal autosuficiente.

  1. Actividade de facilitación da aprendizaxe continua:

 Dinamización de saberes.

 Estimulación da aprendizaxe a partir de propostas guiadas de autoformación.

 Recollida de necesidades formativas conxuntas futuras.

Realizaranse 7 titorías por alumna/o; totalizándose un total de 105 horas de titorización

Lugar: Centro Social Enfesta

día

hora

actividade

 

23 outubro

 

16,30-19,30h

 

Seminario: a relación entre produción e pequena distribución

 

 

24 outubro

 

 

16,30-20,30h

 

Obradoiro: o plan de reconversión produtiva

 

 

30 outubro

 

 

16,30-19,30h

 

Seminario: a mesa de prezos

 

31 outubro

 

16,30-20,30h

 

Obradoiro: o perfil de consumidor da produción biolóxica

 

 

06 novembro

 

16,30-19,30h

 

Seminario: o consumo local de produtos ecolóxicos

 

 

13 novembro

 

16,30-20,30h

 

Obradoiro: a certificación da produción biolóxica

 

 

20 novembro

 

16,30-19,30h

 

Seminario: as condicións da demanda

 

 

27 novembro

 

16,30-20,30h

 

Obradoiro: o plan de negocio para unha pequena empresa

 

 

03 decembro

 

16,30-19,30h

 

Seminario: os modelos organizativos dos produtores

 

 

04 decembro

 

16,30-20,30h

 

Obradoiro: a xestión das actividades de comercialización

 

 

10 decembro

 

16,30-19,30h

 

Seminario: o factor calidade

 

Dirixido

Terán preferencia na admisión aquelas persoas emprendedoras no ámbito da producción agroalimentaria, así como aquelas que teñan horta en explotación na actualidade aínda que non sexa con fins comerciais.

As prazas asignaranse por orde de inscrición dentro dos colectivos preferentes. No caso de existir prazas dispoñibles non cubertas por estes colectivos poderán participar persoas desempregadas e estudantado, tamén respetándose a orde de inscrición dentro deste colectivos.

Requisitos

Inscrición no formulario web desta mesma páxina.

O prazo de inscrición permanécera aberto ata cubrir as 15 prazas dispoñibles.