- Garántese así a continuidade da prestación dos servizos e o mantemento do emprego.
- A Xunta de Goberno Local celebrou este mércores unha sesión extraordinaria, na que avaliou a crise sanitaria do COVID-19 e na que se adoptaron diversos acordos de validación de contratos de emerxencia en relación a esta situación.
- Entre eles, ratificáronse os contratos de subministración de produtos de alimentación e de hixiene básica con varios supermercados da cidade. Deste xeito, as familias que o precisen poden facer uso destes tíckets especiais de compra nos establecementos adheridos a esta campaña de emerxencia, que estarán debidamente identificados. As persoas que o precisen poden obter estes tíckets chamando ao teléfono 010
- O Concello de Santiago, co obxectivo de aliviar a carga fiscal das familias e empresas compostelás, adoptou un abano de medidas das que deu conta o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo despois da Xunta de Goberno. As propostas están relacionadas co IBI, coa taxa de lixo, e coa taxa de dominio público por mesas e cadeiras, e cos prezos públicos das escolas infantís e da Escola Municipal de Música. Tamén se acordou, mentres dura o estado de alarma, non cobrar os recibos das escolas infantís municipais e da Escola Municipal de Música, que continúa co servizo on-line.
- Ademais, deuse orde de continuidade a distintas empresas que prestan servizos ao Concello garantindo así a prestación do servizo e a continuidade do emprego.
McKinsey publica hoxe os resultados dunha interesante enquisa
A curva que propoñen certos analistas debuxa unha caída rápida que durará o tempo do illamento e irá subindo aos poucos segundo se estabilice a situación.
Os principais bancos coinciden en que a demanda de crédito de pemes, autónomos e empresas dos últimos días esgotou a primeira liña de avais de 20.000 millóns posta a disposición polo ICO, con todo, a esta institución non lle consta que se consumiu xa todo ese importe.
Os principais bancos coinciden en que a demanda de crédito de pemes, autónomos e empresas dos últimos días esgotou a primeira liña de avais de 20.000 millóns posta a disposición polo ICO, con todo, a esta institución non lle consta que se consumiu xa todo ese importe.
O documento de medidas económicas que está ultimando o Concello de Santiago para facer fronte á situación derivada do coronavirus, denominado Compostela Móvese 2020 COVID-19 contempla, entre outras medidas, impulsar unha liña de formación e consultoría para o asesoramento empresarial de cara a apoiar ás empresas na elaboración dos seus plans de reactivación económica, unha liña de subvención de xuros destinada a autónomos e PEMES e a creación dun Comité Económico de Crise. Segundo explica o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, trátase dun programa de reactivación económica, que abrangue diferentes ámbitos e sectores empresariais, que "nos permitirá", di, "saír da crise sanitaria coa maior normalidade posible".
Mckinsey actualiza os datos da súa enqusa sobre as expectativas dos consumidores durante a crise.
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo presentou hoxe o Plan Marco de Reactivación Económica Compostela 2020, para paliar os efectos da crise sanitaria global provocada pola COVID19". Conta cunha previsión económica inicial de 5.001.439,69 euros, e contempla 23 medidas de estímulo de crecemento e fomento da competitividade da economía local dirixidas á industria e demais sectores produtivos, ao comercio, a hostalería e ao emprego. Trátase dun plan deseñado para favorecer a dinamización económica do municipio unha vez remate o periodo de confinamento, que incide, sobre todo, nos colectivos especialmente castigados por esta crise sanitaria, socioeconómica e laboral: persoas autónomas, PEMES e a poboación desempregada.
O Concello de Santiago e a Cámara de Comercio de Santiago porán a disposición do empresariado da súa demarcación un servizo gratuíto de información, asesoramento e intermediación para autónomos e empresas que necesiten acollerse ás liñas de financiamento e avais ( ICO-IGAPE- SGRs- CDTI, etc.) que se están publicando para facer fronte ao impacto económico derivado da paralización da actividade como consecuencia do estado de alarma decretado polo Goberno Central para frear a expansión da COVID-19.