A poucos días de finalizar o prazo para facer uso dos Bonos Corazón Concheros, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou esta mañá en rolda de prensa que o importe total de gasto propiciado por esta campaña vén de acadar os 200.063 euros, dos que 153.423 euros foron consumidos en establecementos comerciais, e 46.340 euros, nos locais de hostalaría. Prevese o lanzamento de dúas novas convocatorias dos Bonos Corazón en xuño e setembro deste ano, a primeira delas centrada na Praza de Abastos.
O alcalde de Santiago, Xosé S. Bugallo, acompañado por Marcos Saavedra, director da feira; Ana Sánchez, directora de APD Noroeste; e Ana Isabel Vázquez Reboredo, directora-xerente da Cidade da Cultura, presentou esta mañá no Pazo de Raxoi a 8ª edición da Maker Faire Galicia, o evento deste tipo máis grande da península, que tras dous anos en formato 100% en liña debido á pandemia, retoma con forza a presencialidade.
Xa está aberto o prazo de inscrición para as primeiras xornadas sobre Innovación en Bosques Urbanos que terán lugar en Santiago os vindeiros 19 e 20 de maio. O Concello de Santiago pretende con este evento continuar a senda iniciada pola campaña do Carballo do Bosque do Banquete de Conxo, nomeado Árbore do Ano en España 2022, en prol do patrimonio natural da cidade.
O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e os co-directores executivos do proxecto, María Cadaval e Santiago Lago, deron hoxe a coñecer a nova fase do proceso de elaboración da Axenda Urbana 2030, coa que se inicia un período propositivo aberto a todas as persoas interesadas en participar. Desde hoxe toda a cidadanía poderá facer chegar as súas propostas, opinións ou suxerencias a través da plataforma web e colaborar así na creación deste documento estratéxico para o futuro da cidade.
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente da Câmara Municipal de Braga, Ricardo Rio, asinaron esta mañá un convenio de irmandamento entre as dúas cidades co fin de fortalecer as relacións económicas, turísticas e culturais. No mesmo acto, os dous mandatarios realizaron unha declaración de cooperación entre Braga e Santiago, atendendo ás afinidades que as unen.
Xornada de presentación da licitación para o desenvolvemento e adquisición de solucións innovadoras con UAVs do Polo Aeroespacial de Galicia
Venres, 13 de maio
Sede da Axencia Galega de Innovación
Este domingo 8 de maio darase inicio a unha serie de actos no marco da sinatura do Protocolo de Irmandamento entre as cidades de Santiago e de Braga que terá lugar o próximo luns no Pazo de Raxoi. O documento, que será asinado polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente da Câmara Municipal de Braga, Ricardo Río, pretende fortalecer as relacións económicas, turísticas e culturais entre as dúas cidades.
Este ano na Maker Faire Galicia levamos a cabo a terceira edición da Game Maker Jam, un evento que ano a ano vaise superando, aumentando no número de participantes e na calidade dos videoxogos presentados. Quizais a estas alturas non sexa necesario explicar que é unha Game Jam, pero por se es novo/a neste mundo contámoscho..
Ata o 11 de maio está aberta a convocatoria de colaboradoras/es destinada a conformar comunidades de aprendizaxe e creación artística e colaborar nas cinco ideas preseleccionadas dun total de trinta proxectos. Producido polo Auditorio de Galicia e deseñado por 7H Cooperativa Cultural, esta iniciativa reivindica a importancia da cultura para fomentar vínculos comunitarios.
O estudo, realizado polo catedrático Fernando González Laxe e o profesor portugués Adriano Fidalgo de Sousa, realiza unha análise da conxuntura económica, demográfica e do comportamento poboacional das cidades de Galicia e do norte de Portugal en 2021. A publicación foi presentada esta mañá nun acto que contou coa intervención do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.