• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada este luns, a Corporación municipal aprobou unha nova apertura da información pública da modificación puntual do título III do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), cuxo obxectivo é preservar a función residencial da cidade, e, ao mesmo tempo, garantir a dotación daqueles usos e actividades complementarias que proporcionan servizo á poboación residente. Tamén se aprobou o Plan de Acción Local para a Axenda Urbana 2030 de Santiago e se fixaron o día da Ascención (18 de maio) e San Roque (16 de agosto) como festas locais para o 2023.

Etiquetas:
novas , AXENDA URBANA 2030 , segunda , exposición pública , PXOM , modificación

Grazas a esta rebaixa o bono ordinario pasará de 0,60 euros por viaxe a 0,42 euros; o bono escolar, de 0,40 euros por viaxe a 0,28 euros; e o bono mensual, de 26 euros ao mes, a 18,20 euros. A medida entrará en vigor o 1 de setembro e aplicarase directamente ao recargar o correspondente bono, sen necesidade de ningún trámite máis.

Etiquetas:
novas , bonos , transporte , público , multiviaxes , axudas

A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, presentou esta mañá no parque de Galeras a nova imaxe e a web do servizo de limpeza viaria, santiagosostible.gal, un punto de encontro da cidadanía co servizo. Este espazo servirá para facer máis accesible a información e simplificar certos trámites, como por exemplo a solicitude de composteiros, e permitirá tamén achegar dúbidas e suxestións ou contactar co servizo de recollida de voluminosos a domicilio, entre outros. Na rolda estivo acompañada por técnicos do Concello e responsables da concesionaria do servizo.

Etiquetas:
novas , limpeza , viaria , recollida de lixo

Os establecementos hoteleiros de Santiago xa superan as pernoctacións acumuladas nos sete primeiros meses do ano 2019 confirmando a forte reactivación turística da cidade

Etiquetas:
novas , Santiago de Compostela , pernoctacións , xullo , máximo histórico

As medidas sobre o consumo de auga adoptadas polo Concello de Santiago o pasado 1 de agosto, antes de que a Xunta de Galicia decretase o estado de prealerta por seca, continuarán aplicándose. Esta mañá tivo lugar unha reunión telemática entre representantes dos concellos da conca do Tambre e Augas de Galicia, que de momento, non modificou as citadas medidas.

Etiquetas:
novas , reducción , consumo responsable , auga

O programa é unha iniciativa da UE para o intercambio de experiencias entre novos emprendedores e empresarios consolidados, tanto da UE como dun grupo de países de fóra de Europa. Uninova, a incubadora de empresas do Concello de Santiago e da USC, participa na actualidade a través de YEIM, un consorcio integrado por entidades públicas e privadas de España, Alemaña, Italia, Francia, Croacia, República Checa, Lituania e Bulgaria.

Etiquetas:
novas , UNINOVA , emprendedores , intercambio

Na sesión ordinaria do Pleno celebrada este mércores, a Corporación municipal consensuou unha moción conxunta de todos os grupos municipais para manifestar o seu apoio e compromiso a que a cidade de Santiago acolla a sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA).

Etiquetas:
novas , AXENCIA ESTATAL DE SUPERVISIÓN DA INTELIXENCIA ARTIFICIAL

Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago e os co-directores executivos da Axenda Urbana de Santiago, María Cadaval e Santiago Lago, deron conta no Consello Económico Social da fase na que se atopa a elaboración da planificación estratéxica da cidade inserida na Axenda Urbana 2030.

Etiquetas:
novas , economia_social , Consello , AXENDA URBANA 2030 , dación de contas

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado de Ana Olveira, presidenta de EspazoCoop, presentou esta mañá o proxecto Roteiro Cooperativo, unha iniciativa que pretende dar a coñecer o traballo das cooperativas da cidade a través de 4 quendas organizadas nos meses de xullo, setembro e novembro

Etiquetas:
novas , roteiro cooperativo , Espazo Coop , Economía Social

A Xunta de Goberno local deu luz verde ao II Plan de Contratación, que inclúe 150 contratos cun valor estimado total de 683.937.482,12 euros. Foi un dos asuntos máis destacados da primeira sesión ordinaria do mes de xullo, na que tamén se aprobou o expediente para a realización das obras de reacondicionamento da plataforma da marquesiña de Xoán XXIII.

Etiquetas:
novas , II plan de contratación , contratos