• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Este programa forma parte do programa municipal Compostela Móvese 2022 do Concello de Santiago que pretende dar visibilidade ás empresas do territorio. A visita permitiu ao estudantado dos ciclos superiores achegarse á actividade da empresa Mestrelab Research, que desenvolveu un software especializado en investigación química.

Etiquetas:
novas , alumnado , San Clemente , Mestrelab Research , Dinahosting , Inforhouse , compostela móvese

Desde hai varios anos, Galicia foi un gran polo xerador de coñecemento en biotecnoloxía a nivel español.

Etiquetas:
novas , Sionlla Biotech , Santiago de Compostela , "Concello de Santiago de Compostela " , Universidade de Santiago , Asociación Área empresarial do Tambre , Ateneo de Santiago

A Sede da Fundación para a Construción Laboral en Galicia, acolleu o encontro da Rede de Entidades de Desenvolvemento Local (REDEL), unha actividade organizada polo Concello de Santiago de Compostela co respaldo da Rede de Entidades para el Desarrollo Local (Redel), a Red de Ciudades Ciencia e Innovación (Innpulso), a Red de Territorios Socialmente Responsables (Retos) e Cidades por el Empleo; no marco da capitalidade española da economía social que durante este ano ostenta Santiago de Compostela. Na xuntanza, que se desenvolveu durante dous días, presentouse o informe ‘A Economía Social en España en cifras’ e o portal estatístico da Economía Social CIRIECSTAT. A economía social é un sector estratéxico que en Galicia emprega a máis de 15.000 persoas

Etiquetas:
novas , Economía Social , Redel , Axenda Urbana , AXENDA2030

Unha campiona olímpica, un experto en urbanismo comunitario e unha experta en felicidade achegarán a súa visión sobre o modelo de cidade nunha xornada, que terá lugar o próximo 15 de novembro na Casa das Asociacións de Cornes. O evento, organizado polo Concello de Santiago e a Fundación Kaleidos.Red, está aberto á participación da cidadanía previa inscrición.

Etiquetas:
novas , Kaleidos , desenvolvemento , sostible , Casa das Asociacións de Cornes , "Concello de Santiago de Compostela "

Na apertura do 18 Congreso Nacional de Centros Especiais de Emprego, Xosé Sánchez Bugallo destacou a aposta que se está a facer desde Raxoi no impulso dos centros especiais de emprego, cun concurso que será resolto de forma inminente para adxudicar a unha destas empresas a limpeza e desbroces da cidade. Todo, no ano en que Compostela ostenta a capitalidade española da economía social.

Etiquetas:
novas , economia_social , emprego , CEE , Encontro nacional , Redel

A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe, deu luz verde á solicitude de participación no "Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación no ámbito do Casco Histórico" do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, cunha cantidade a subvencionar de 3.373.526,58 euros, a través dos fondos NextGenerationEU. Dos acordos adoptados deu conta, en rolda de prensa, o alcalde Sánchez Bugallo.

Etiquetas:
novas , Axudas , Ministerio de Transportes , Axenda Urbana , rehabilitación , Santiago de Compostela

O acontecemento desenvolverase os días 19 e 20 de outubro na Sede Fundación Laboral de la Construcción en Galicia. As persoas interesadas en participar na actividade xa poden inscribirse a través da web santiagocapitaleconomiasocial.es

Etiquetas:
novas , Redel , Encontro nacional , Economía Social

Esta candidatura, promovida pola Cámara de Comercio de Santiago co apoio de Uninova e do Concello de Santiago, reunirá en Compostela xestores do programa europeo Erasmus Emprendedores procedentes de 38 países en marzo do vindeiro ano.

Etiquetas:
novas , UNINOVA , emprendedores , erasmus , encontro internacional de xestores

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria e urxente, aprobou hoxe as bases de tres convocatorias destinadas a empresas, nas que se investirán, en conxunto, 460.000 euros. En concreto, deuse luz verde ás axudas destinadas a apoiar ás empresas de economía social (250.000 euros); as subencións para actuacións en materia de economía circular (150.000 euros); e á primeira edición dos "Premios de excelencia empresarial Axenda Urbana 2030" do Concello de Santiago.

Etiquetas:
novas , xunta de goberno , esocial_convocatorias , ecircular_convocatorias , premios , excelencia empresarial , subvencións

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presentou esta mañá en rolda de prensa o anteproxecto de humanización da rúa do Restollal, co que se pretende converter esta estrada de acceso á cidade nun espazo amable para vehículos e peóns, facilitando tamén a conectividade entre os barrios. Acompañouno Antonio Ranedo, xefe do Servizo de Obras, que explicou o anteproxecto polo miúdo.

Etiquetas:
novas , AXENDA URBANA 2030 , plan de recuperación , transformación e resiliencia , (199) , transporte urbano