A concellaría de Educación acaba de abrir o prazo para inscribirse no programas de conciliación "Vacaludos Semana Santa" que se vai desenvolver, como o ano pasado, na ludoteca María Miramontes de Fontiñas. As familias interesadas poderán solicitar unha das máis de 70 prazas dispoñibles ata o 15 de febreiro.
A Xunta de Goberno aprobou a licitación do contrato para o "servizo para a execución de diversas operacións de conservación, mantemento e reparación de pavimentos e drenaxes nos viarios e espazos públicos municipais do medio rural do termo municipal de Santiago de Compostela (2023-2025)". Os licitadores teñen de prazo ata o 24 de febreiro para presentar ofertas.
O proxecto, que conta cun orzamento de preto dun millón de euros con cargo aos fondos europeos a través da Fundación Biodiversidade, foi presentado esta tarde polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; o secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán; e a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, e ten como obxectivo crear un espazo de participación, divulgación e concienciación ambiental. Ao acto tamén asistiu o delegado do Goberno, José Miñones, e represrntantes dos grupos municipais.
O COEP Congress celebrarase en Valencia e permitirá reflexionar, ao longo de tres días, sobre ferramentas de xestión local, participación cidadá e comunicación no marco da Axenda 2030. As inscricións pódense realizar na páxina web www.coepcongress.com e a través da plataforma Eventbrite.
No 2022 marcáronse novos máximos turísticos na cidade, tanto en pernoctacións como en pasaxeiros no Aeroporto de Santiago – Rosalía de Castro e no número de Compostelas entregadas.
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse cos veciños e veciñas afectados pola expropiacion das parcelas nas que se ubicará a futura plataforma loxística de mercadorías para explicarlle o proceso de pago das súas fincas. No encontro estivo acompañado polos concelleiros de Urbanismo, Mercedes Rosón, de Obras, Gonzalo Muíños, e pola técnica responsable da área de Urbanismo.
Un total de 59 prazas de diferentes categorías e escalas serán convocadas nos vindeiros días no Boletín Oficial da Provincia da Coruña para a súa cobertura a través do sistema de oposición e quenda libre. A estas prazas súmanse tamén as 92 prazas xa convocadas no BOP do día 27 de decembro do proceso extraordinario de estabilización e as 71 prazas de promoción interna de persoal funcionario de carreira que xa presta os seus servizos no Concello de Santiago.
O Pleno do Concello de Santiago deu hoxe luz verde á aprobación do Pacto polo Rural, un documento que recolle unha serie de accións concretas a implementar entre o 2023 e o 2030 co fin de mellorar o estado actual do rural municipal. Tamén se aprobou o proxecto para a renaturalización, mellora da biodiversidade e consolidación da infraestructura verde da Cidade de Santiago "Entre Sar e Sarela".
O estado das diferentes propostas de innovación presentáronse esta mañá no centro sociocultural de Santa Marta. Ao evento acudiron o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de Presidencia, Gumersindo Guinarte e a secretaria xeral de Innovación do Ministerio de Ciencia e Innovación, entre outros.
O investimento no tecido residencial será de 900.000€, o que triplica o investimento previsto no 2020. Esta partida irá destinada ao mantemento das envolventes exteriores e á rehabilitación das carpinterías de madeira e reixas dos edificios privados. Os máis de 9,6 millóns de euros orzamentados para o vindeiro ano incluirán tamén partidas destinadas ao mantemento de lousados; á difusión de publicacións e exposicións vencelladas á Cidade Histórica e á dinamización cultural e turística.