Ligazóns
De interese xeral
Promoción económica e empresarial
Emprendemento
Emprego
I+D.Tecnoloxía e calidade
Cooperación transfronteiriza
Asociacións empresariais
Asociacións empresariais compostelás
Comercio e Turismo
Asociacións de comerciantes de Santiago de Compostela
Información económica xeral
- Concello de Santiago de Compostela. Páxina institucional do Concello de Santiago de Compostela na que se pode atopar toda a información institucional, os servizos que ofrece a corporación municipal así como datos culturais e socioeconómicos da cidade e noticias sobre a actualidade municipal.
- Xunta de Galicia. Toda a información insitucional da Xunta de Galicia está recollida nesta web: organigrama, noticias, documentos, servizos administrativos e organismos autónomos, DOG, guía de comunicación e acceso a portais dependentes da Xunta.
- Consello Económico e Social. O Consello Económico e Social de Galicia é un órgano consultivo da Xunta de Galicia ccreado para facilitar a participación dos axentes económicos e sociais na política socio-económica. A súa web acolle os informes, memorias e ditames do CES, ademais de recompilar actualizadamente os principais indicadores sociais e económicos de Galicia.
- Universidade de Santiago de Compostela. A web da USC achega toda a información relacionada con esta institución de ensino superior no tocante á normativa e titulacións, organización docente e departamentos, servizos de apoio á investigación e á docencia, e cursos e congresos. Ten un xornal dixital para dar conta da actualidade universitaria.
- Fundación Empresa-Universidade Galega Fundación dedicada ao desenvolvemento económico e social de Galicia. As súas actividades están orientadas ao fomento das relaciones empresa-universidade. Os seus obxectivos son contribuír á mellora das capacidades empresariais, aplicar nas empresas os coñecementos e tecnoloxías dispoñíbeis nas universidades, e mellorar a formación e cualificación dos recursos humanos.
- Axencia Tributaria A páxina da Axencia Tributaria ofrece un completo servizo ao contribuínte para facilitarlle o cumprimento voluntario das obrigas fiscais.
Promoción económica e empresarial
- Igape Páxina do Instituto Galego de Promoción Económica, organismo dedicado ao fomento do investimento en Galicia e ao apoio da iniciativa privada. Inclúe abondosa información sobre Galicia tanto en termos xeográficos e culturais coma económicos.
- Dirección Xeral da Política da Peme Presenta na súa web abundante información e publicacións de interese para os emprendedores e para as pemes no eido da creación e da consolidación de empresas. Dispón de diversas ferramentas informáticas interactivas que permiten a autodiagnose empresarial e oferta servizos como o de búsqueda de socios ou acceso a novos mercados.
- XesGalicia Sociedade xestora de fondos de capital-risco creados pola Consellería de Economía para financiar o desenvolvemento empresarial.
- BIC Galicia, Centro europeo de empresas e innovación de Galicia. O seu obxectivo é o de promover a creación, preparación e desenvolvemento de empresas independentes e innovadoras. A web conta cun campus virtual para empresarios.
- Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Organismo dependente da Xunta que coordena actuacións de diversa natureza no medio rural.
Emprendemento
- Emprender en Galicia Guía virtual da Xunta que axuda a comprender as fases polas que se debe de pasar para constituír unha empresa. Ofrece ferramentas de axuda e informa sobre as subvencións.
- Unirisco Sociedade de capital de risco da Universidade de Santiago para a creación de empresas. Forma de traballo, investimentos e contacto.
- Emprendia Sitio dedicado á cultura emprendedora promovido pola Oficina de Transferencia de Resultados da Investigación da Universidade de Santiago. Contén noticias de actualidade divididas en áreas: crear empresas, I+D, management, economía e formación e emprego.
- Circe O portal CIRCE ofrece información sobre a creación do recente tipo social denominado Sociedade Limitada Nova Empresa (SLNE), e sobre a súa tramitación. Ademais, os interesados poden empregar varios simuladores e ferramentas de autodiagnose empresarial.
Emprego
- Consellería de Traballo e Benestar.Organismo da Xunta de Galicia encargado de aplicar as politicas relacionadas co emprego e relacións laborais e o benestar social.
- Ministerio de Traballo e Inmigración.Organismo do goberno central encargado de aplicar as politicas relacionadas co emprego e relacións laborais e a inmigración.
- Rede Traballa. Servizo Público de Emprego Estatal. Portal de ofertas e demandas de emprego
- Asociación Plataforma polo Emprego. Plataforma aberta de asociacións e entidades, coa idea de debater e propoñer iniciativas en torno ao emprego, dirixidas sobre todo aos colectivos sociais máis desfavorecidos.
I+D.Tecnoloxía e calidade
- CORDIS. CORDIS confórmase como o servizo de información da Unión Europea na área de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación. A páxina provee información sobre as distintas convocatorias de axuda dentro do Programa Marco de I+D, os seus procedementos, exemplos, estudios de caso e abundante bibliografía sobre temas de innovación tecnolóxica.
- Retgalia Rede de Centros Tecnolóxicos de Galiza. Xurde dun convenio de colaboración entre a consellería´de Innovación, Industria e Comercio e os centros tecnolóxicos de Galiza.
- Instituto Tecnolóxico de Galicia É unha fundación privada sen ánimo de lucro integrada por diversos colexios profesionais de Galicia, na que tamén forman parte do patronato as universidades galegas e a Xunta de Galicia. Contribúe á mellora da competitividade e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas galegas fomentando a través da súa web a participación das PYMEs en programas de I+D+I.
- Tecnopole. Parque Tecnolóxico de Galicia É unha iniciativa da Xunta de Galicia para o fomento do I+D+I e o apoio a creación de novos proxectos empresariais.
- Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial O Centro de Desarrollo Tecnolóxico Industrial é unha entidade pública empresarial dependente do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio que ten como obxectivo contribuir á mellora do nivel tecnolóxico das empresas españolas. O CDTI oferta financiación, sobre todo préstamos a tipo de interes cero e un prazo amplo de amortización, en diferentes modalidades.
- Observatorio de Innovación Esta páxina promovida pola Consellería de Innovación e Industria ofrece unha interesante posta ao día sobre todo o relativo a actividades de I+D+I, vixiancia, xestión de proxectos, transferencia de tecnoloxía ou axudas e incentivos á innovación.
- ONTSI. Observatorio Nacional das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. Para conseguir o obxectivo de contribuir á aplicación práctica das TIC e fomentar a integración de iniciativas e axentes, ONTSI realiza unha análise e seguimento que se reflicte na súa web, que facilita servizos de información nas súas diversas seccións: estatísticas, informes sobre a situación e evolución da implantación das novas tecnoloxías, indicadores de mercado das TIC, etc.
- Fundación Calidade A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como obxectivos promover a difusión e aplicación de políticas en materia de calidade, tecnoloxía e innovación, recibindo adicionalmente a encomenda de xestión de infraestructuras tecnolóxicas.
- Observatorio de Calidade O Observatorio da calidade de Galicia incorpora servizos no terreo da divulgación da calidade a través de noticias, foros, axudas e ligazóns de interese. Informa sobre contidos e tendencias dando resposta ás cuestións máis frecuentes, con informes técnicos específicos, actualiza directorios de empresas certificadas e de servicios, e achega unha rigorosa plataforma para o coñecemento da realidade galega en materia de certificación.
Cooperación transfronteiriza
- Comunidade de Traballo da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal Localizada no Noroeste da Península Ibérica, a Eurorrexión formada por Galicia e o Norte de Portugal configúrase actualmente como un espacio de forte relacionamento social, económico e cultural, pleno de oportunidades e cun gran potencial de desenvolvemento futuro.
- Eixo Atlántico O Eixo Atlántico é unha asociación transfronteriza integrada polas dezaoito principais cidades do Norte de Portugal e Galicia. A finalidade principal do Eixo Altántico é o desenvolvemento económico, social, cultural, tecnolóxico e científico das cidades e rexións que o conforman, así como promover a cohesión en todos os aspectos socioeconómicos e culturais mediante a vertebración dun territorio común.
- Fundación Galicia Europa Fundación creada para promover todas aquelas accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa. A web informa das súas actividades, bolsas e cursos, e achega numerosas ligazóns de interese.
Asociacións empresariais
- Confederación de Empresarios de Galicia Asociación que aglutina as catro confederacións provinciais de empresarios de Galicia. A web inclúe novas sobre o sector, un apartado de publicacións empresariais, e unha bolsa de emprego.
- Federación de Empresarias de Galicia. Páxina da federación que asocia ás mulleres empresarias de Galicia. Informa sobre as empresas asociadas e sobre os seus convenios de colaboración.
- Unión Galega de Cooperativas de Traballo Asociado Entidade sen ánimo de lucro formada por cooperativas de traballo asociado que realizan distintas actividades. Entre as funcións da asociación figuran a atención das necesidades das empresas asociadas e a promoción dos principios cooperativos.
- Fegaxe. Páxina web da Federación Galega de Xoves Empresarios.
- AJE A Coruña. Páxina web dla Asociación de Xoves Empresarios da provincia de A Coruña.
- Federación de Autónomos de Galicia Integrada por distintas asociacións que agrupan a miles de profesionais de toda a comunidade.
- UPTA. Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos de Galicia. Organización de ámbito autonómico, integrada unicamente por profesionais e traballadores inscritos no réxime especial de traballadores autónomos.
Asociacións empresariais compostelás
- Cámara de Comercio de Santiago de Compostela Información sobre os seus servicios (orientación laboral, servicios técnicos...) e asociados, con áreas de formación e comercio exterior e formulario de solicitude de informacións. Directiva, actividades, notas de prensa e contacto.
- Asociación Área Empresarial do Tambre Información sobre o recinto empresarial, listaxe de empresas, plano do polígono, servizos que presta a asociación, formación, información sobre subvencións e bolsa de emprego, entre outros apartados.
- Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago Novas, cursos e servicios, ademais dunha guía turística da cidade e unha bolsa de emprego.
- Em Rede. Rede de Iniciativas Empresariais de Compostela e Comarca. Entidade que representa a novas empresas de compostela e comarca, a maioría xurdidas a través do programa Equal Compostela Social.
Comercio e Turismo
- Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. Organigrama, servizos e novas que ofrece o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
- Dirección Xeral de Comercio. Páxina da Dirección Xeral de Comercio, dependente da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.
- Consellería de Cultura e Turismo. Páxina da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
- Secretaría Xeral para o Turismo. Páxina deste organismo, dependente da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
- li]Turgalicia. Entidade encargada da promoción turística de Galicia.
- Xacobeo. Entidade encargada da promoción do Ano Santo e do Camiño de Santiago.
- Turismo de Santiago de Compostela. Web oficial de Turismo de Santiago, cunha completa informacion sobre a cidade: que ver, que facer; con datos como o tempo, unha central de reservas e Estela, unha informadora turística virtual. Dispoñible en galego, español, inglés, portugués, francés, alemán e italiano.
Asociacións de comerciantes de Santiago de Compostela
- ACOTÉS. Agrupación de comerciantes de Santiago. Asociación de comerciantes que aglutina a comercios da Cidade Histórica e do Ensanche compostelá.
- Centro Comercial Aberto Compostela Monumental. Páxina da asociación de comerciantes da Cidade Histórica.
- Mercado de Abastos. Páxina da Sociedade Cooperativa Galega Mercado de Abastos de Santiago, que xestiona a Praza de Abastos.
Información económica xeral
- INJEF. A misión central deste sitio web é achegar de forma amena, útil e gratuíta contidos informativos de actualidade xurídica, económica e fiscal, e favorecer o intercambio de información, experiencias e ideas.
- Informercados Web de información e análise bolsista dirixida a inversores independentes. Inclúe gráficos, recomendacións, librería financeira, análise fundamental e foro sobre a bolsa.